Category: 2º de ESO: Tecnoloxías

Boas vacacións!

29 Xuño, 2011 (18:55) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Ámbito CT, 4º de ESO: Tecnoloxía |

Este curso foi tremendamente especial para min. Grazas a tod@s por compartilo comigo e que teñades unhas boas vacacións!!! Photo credit: ppdigital from morguefile.com

V Exposición-concurso de Proxectos de Tecnoloxía

23 Xuño, 2011 (22:30) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Ámbito CT, 4º de ESO: Tecnoloxía, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Galería de proxectos, Vídeo |

Hoxe celebramos a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no taller 1 do instituto. O xurado formado por Dennise Iglesias, Alexia Anido, Brahim El Ghotiss, Natalia Rodríguez e Eva Sanz seleccionou os seguintes proxectos como gañadores das diferentes categorías: 2º da ESO: ponte levadiza de Juan Carlos, Jesús, Martín e Gregorio 3º da ESO: coche […]

V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía

16 Xuño, 2011 (18:29) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Ámbito CT, 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso, Divulgación científica, Galería de proxectos, Vídeo |

O xoves 23 de Xuño terá lugar a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no IES de Pastoriza. Nesta ocasión, os proxectos poderán visitarse ao longo da mañá no taller 1. O xurado formado por profesores e alumn@s escollerá un gañador en cada unha das tres categorías: 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO. Proxecto […]

Recuperación de 2ºC

12 Xuño, 2011 (23:22) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Aviso, Imaxe |

O exame de recuperación de 2ºC será o luns 20 durante a clase de Tecnoloxía.

Suxeitalibros de 2ºC

6 Xuño, 2011 (19:19) | 2º de ESO: Tecnoloxías, Galería de proxectos, Imaxe |

@s alumn@s de 2ºC recibiron unha encarga da biblioteca: deseñar e construír suxeitalibros para os diferentes andeis. Desenvolver proxectos como casos prácticos permite establecer conexións entre os contidos teóricos e prácticos aprendidos e o mundo real.

Data de entrega dos proxectos

6 Xuño, 2011 (17:47) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso, Imaxe |

A data límite para rematar os proxectos de 2ºC e 4ºA é o 17 de Xuño.

Os Metais: Exame da unidade

24 Maio, 2011 (11:38) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Imaxe, Recurso, Test |

Facede clic aquí para acceder ao exame online. Photo credit: jdurham from morguefile.com

Últimos proxectos

23 Maio, 2011 (22:18) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Tecnoloxía, ACER-EUN, Imaxe |

Apenas un mes para rematar as clases e os últimos proxectos deste curso van collendo forma. En Xuño teremos un ano máis a Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía do IES de Pastoriza na súa quinta edición. Photo credit: wallyir from morguefile.com

Os metais (III)

17 Maio, 2011 (17:49) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Imaxe, Recurso, Test |

Photo credit: kevinrosseel from morguefile.com Última entrega da unidade e test de autoavaliación para facer a continuación da introdución de contidos. A próxima semana teremos o exame online.

Os metais (II)

3 Maio, 2011 (13:35) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Imaxe, Recurso, Test |

Clasificación dos metais, os metais férricos e o cobre, e para rematar a clase, a realización do test. Photo credit: gracey from morguefile.com

Os metais (I)

26 Abril, 2011 (14:14) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Recurso, Test |

Primeiro test da unidade acerca da clasificación e propiedades dos materiais de uso técnico. Photo credit: mzacha from morguefile.com

Os metais

26 Abril, 2011 (12:48) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Divulgación científica, Vídeo |

Mañá comezamos a unidade Os Metais. Déixovos un vídeo por se queredes probar. Gañade o primeiro positivo desta avaliación explicando (podedes enviarme un mail) como funciona.

Exame de periféricos

29 Marzo, 2011 (14:06) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Imaxe, Recurso, Test |

Facede clic aquí para acceder ao exame. Rexistro: Apelido (espazo) nome Introducide a clave de acceso (dóuvola mañá 🙂 ) Entrade no test cando eu vos indique Photo credit: Ladyheart from morguefile.com

Repaso para o exame

23 Marzo, 2011 (18:57) | 2º de ESO: Tecnoloxías, Imaxe, Recurso |

O mércores día 30 de Marzo teremos o exame da unidade de periféricos na aula de 2ºC. Se queredes, podedes empregar as autoavaliacións para repasar, pois o exame tamén será un test online: periféricos01: clave de acceso altofalante periféricos02: clave de acceso proxector periféricos03: clave de aceeso gadget Photo credit: taliesin from morguefile.com

O ordenador e os periféricos (III)

22 Marzo, 2011 (23:41) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Imaxe, Recurso, Test |

Último día adicado a este tema e última autoavaliación. O mércores día 30 teremos o exame correspondente. A continuación comezaremos a unidade adicada aos materiais de uso técnico. Photo credit: mconnors from morguefile.com

2ºC: Traballo sobre videoxogos

21 Marzo, 2011 (21:02) | 2º de ESO: Tecnoloxías |

Lembrade que o prazo para a entrega do traballo onde tedes que comparar os videoxogos actuais cos de comezos dos anos 80 remata o venres día 25 de Marzo. Non recollerei traballos despois desa data.

Videoxogos: sesión de arqueoloxía

18 Marzo, 2011 (10:59) | 2º de ESO: Tecnoloxías, Imaxe, Recurso |

Na clase de hoxe teredes a oportunidade de probar algúns dos primeiros videoxogos portátiles que se comercializaban a comezos dos 80 e tamén podereres xogar online con algunhas das consolas precursoras da Play, Wii,… nos vosos portátiles. Logo teredes unha semana para analizar as principais diferenzas entre os videoxogos de entón e os actuais, valorando […]

Colaboración biblioteca-tecnoloxía

15 Marzo, 2011 (13:30) | 2º de ESO: Tecnoloxías, Imaxe, Recurso |

Marta, dinamizadora da biblioteca do instituto e profesora do departamento de Lingua Galega, fíxonos a interesante proposta de construír suxeitalibros para colocar nos diferentes andeis. Este proxecto será realizado como un caso práctico no que cada equipo de 2ºC terá que falar con Marta, preguntarlle acerca das especificacións e tomar medidas. Posteriormente, no taller, cada […]

O ordenador e os periféricos (II)

13 Marzo, 2011 (21:56) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Recurso, Test |

Facede clic aquí para acceder ao test de autoavaliación. A ligazón á presentación de consulta, está incluída no test. Importante: @s alumn@s que obteñan os mellores resultados no test poderán escoller compañeir@s de grupo para o próximo miniproxecto.

O ordenador e os periféricos (I)

27 Febreiro, 2011 (18:22) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Recurso, Test, Vídeo |

Comezamos unha nova unidade e aquí vos deixo o material necesario para o traballo na aula: Presentación da unidade Autoavalición I Photo credit: alvimann from morguefile.com