Category: 2º de ESO: Tecnoloxías

Exame de estruturas

18 Febreiro, 2011 (18:41) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Recurso, Test |

Facede clic aquí para ir á páxina de acceso. Dareivos o contrasinal xusto antes de comezar. Teredes que rexistrarvos empregando o voso nome completo.

Actividades de repaso

15 Febreiro, 2011 (19:33) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Imaxe, Recurso |

O mércores realizaremos actividades de repaso de cara ao exame do día 21 de Febreiro. Podedes acceder ao LIM facendo clic aquí.

Repaso

14 Febreiro, 2011 (15:44) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Recurso |

O luns día 21 de Febreiro teremos o exame da unidade de estruturas. A proba será a través dun test en liña similar aos que realizamos nas clases de teoría. Se queredes, podedes empregalos para repasar. Os contrasinais de acceso son: Estruturas01: rande Estruturas02: brozos Estruturas03: alicerce Estruturas04: forxado Estruturas05: carcasa

Construímos pontes

8 Febreiro, 2011 (13:26) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Recurso, Xogo |

Na clase do mércores xogaremos de novo con estruturas. Comezade descargando e instalando este xogo e construíde pontes que lle permitan ao tren cruzar o río.

Aviso importante

7 Febreiro, 2011 (15:32) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Aviso |

Os resultados do test de estruturas IV xa están revisados e efetivamente hai correcións nalgunha das notas porque a aplicación fai diferenza entre maiúsculas e minúsculas e estaba dando erro en preguntas respostadas correctamente. A relación de notas modificadas: Cristina: 7,2 Ezequiel e Iago: 7,2 Jesús e Juan Carlos: 8,3 Martín: 6,7 Paco: 7,8 Raquel […]

Xogamos con estruturas

25 Xaneiro, 2011 (12:07) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Imaxe, Recurso, Xogo |

Barras, tirantes, plataformas de metal, pezas de tea,… deseñade e construíde a vosa estrutura para levar ao armadillo ate o círculo azul pero facédeo co menor custo posible!!! Descargade aquí o xogo. Traballaremos con el na clase do mércores.

Estruturas (V)

18 Xaneiro, 2011 (13:32) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Imaxe, Recurso, Test |

E remataremos os contidos da unidade explicando os diferentes tipos de estruturas. Realizade a autoavaliación cando vos indique.

Estruturas (IV)

18 Xaneiro, 2011 (13:32) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Imaxe, Recurso, Test |

Na seguinte clase de teoría falaremos de elementos estruturais e triangulación. Aquí tedes a autoavaliación que teredes que realizar logo da introdución dos contidos.

Estruturas (III)

18 Xaneiro, 2011 (12:48) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Imaxe, Recurso, Test |

Na seguinte clase de teoría falaremos dos diferentes esforzos aos que pode estar sometido un elemento estrutural. Realizade  a autoavaliación despois da explicación dos contidos.

Estruturas (II)

15 Xaneiro, 2011 (14:28) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Recurso, Test |

Logo da introdución do tema de estruturas realizada o pasado mércores, o luns teremos a segunda sesión adicada á undade de estruturas. Nela definiremos estrutura, realizaremos unha primeira clasificación e finalmente falaremos da evolución das estruturas e elementos estruturais ao longo da Historia. Ao rematar os 10-15 minutos de contidos teredes que realizar a seguinte […]

Estruturas (I): As pontes

8 Xaneiro, 2011 (19:08) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Recurso, Test, Vídeo |

Comezaremos a unidade co visionado do vídeo e a continuación teredes que responder un test online. Indicade o voso nome e primeiro apelido, e introducide o contrasinal que vos indique. Os vosos resultados quedarán rexistrados.

Unidade 3: Estruturas

8 Xaneiro, 2011 (17:32) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Imaxe, Recurso |

Comezamos a segunda avaliación co tema de estruturas e o seguinte esquema de traballo: Luns: explicación de contidos ao longo de 10-15 minutos e actividades que permitan traballar os contidos explicados empregando os portátiles. Estas sesións terán lugar na vosa aula de 2ºC. Mércores: teoría/práctica (avisareivos cada luns para que saibades se tedes que baixar […]

Fotos dos proxectos de 2ºC

28 Decembro, 2010 (10:56) | 2º de ESO: Tecnoloxías, Galería de proxectos, Imaxe |

Algunhas fotos dos proxectos de 2ºC (xogo eléctrico de preguntas e respostas).

Xogo de preguntas e respostas

21 Decembro, 2010 (14:50) | 2º de ESO: Tecnoloxías, Galería de proxectos, Vídeo |

Vídeo do proxecto que @s alumn@s de 2ºC do grupo verde construíron na primeira avaliación. Trátase dun xogo eléctrico de preguntas e respostas que lles permitiu practicar o traballo con madeira ademais de repasar contidos de electricidade. Nos próximos días subirei fotos de todos os proxectos rematados.

E nos próximos días…

17 Decembro, 2010 (10:33) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Ámbito CT, Aviso |

Nos próximos días teredes fotos e un vídeo dos proxectos de 2ºC. Tamén algunhas imaxes do proceso de construción dos foguetes de auga nos que están traballando os alumnos de 4ºD de AmbCT. Tede paciencia!

O taller abre nos recreos

13 Decembro, 2010 (11:09) | 2º de ESO: Tecnoloxías, Aviso |

Lembrade que a asistencia é totalmente voluntaria e que non terá incidencia na nota máis aló de permitirvos dispor de máis tempo para rematar os vosos proxectos.

Próximos exames…

7 Decembro, 2010 (20:14) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Ámbito CT, 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso |

Déixovos as datas dos próximos exames e a materia que entra en cada un deles: 2ºC: Exame de electricidade (unidade 2) o día 17 de Decembro (venres) 4ºA: Exame de electrónica dixital (unidade 2) o día 17 de Decembro (venres) 4ºD: Exame de forzas (unidade 3) o día 15 de Decembro (mércores) Aproveito tamén para […]

Proxecto Acer-European Schoolnet

1 Decembro, 2010 (13:05) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Profes |

O curso pasado o IES de Pastoriza foi seleccionado para participar no proxecto ACER-EUN cun grupo de 1º de ESO. No presente curso participaremos cos catro grupos de 2º de ESO  e eu incorpórome (a través da asignatura de Tecnoloxías) a esta iniciativa tan interesante que pretende explorar o uso educativo do ultraportátil nas aulas.

Boletín para resolver e entregar

29 Novembro, 2010 (10:14) | 2º de ESO: Tecnoloxías, Recurso |

Durante a clase de hoxe entregareivos un boletín con exercicios de repaso da unidade 2: Electricidade. Teredes que resolvelo consultando os apuntes (dispoñibles neste blog, na aulateca e na fotocopiadora) e os exercicios resoltos en clase, e entregarmo. A data límite de entrega é o 10 de Decembro e a partir desde día, xa non […]

Pizarras da unidade 2

24 Novembro, 2010 (17:13) | 2º de ESO: Tecnoloxías, Recurso |

Déixovos as pizarras de todos os exercicios que levamos feito da unidade 2 (Electricidade) onde tamén está o exercicio que debedes entregarme resolto o venres. Photo credit: arundo from morguefile.com