Category: 4º de ESO: Ámbito CT

Problemas cos exercicios de transistores?

10 Novembro, 2011 (17:48) | 4º de ESO: Ámbito CT, Aviso, Imaxe |

Tes problemas cos exercicios de transistores? O venres durante o primeiro recreo resolverei dúbidas no taller 1. Photo credit: pschubert from morguefile.com

Boas vacacións!

29 Xuño, 2011 (18:55) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Ámbito CT, 4º de ESO: Tecnoloxía |

Este curso foi tremendamente especial para min. Grazas a tod@s por compartilo comigo e que teñades unhas boas vacacións!!! Photo credit: ppdigital from morguefile.com

V Exposición-concurso de Proxectos de Tecnoloxía

23 Xuño, 2011 (22:30) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Ámbito CT, 4º de ESO: Tecnoloxía, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Galería de proxectos, Vídeo |

Hoxe celebramos a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no taller 1 do instituto. O xurado formado por Dennise Iglesias, Alexia Anido, Brahim El Ghotiss, Natalia Rodríguez e Eva Sanz seleccionou os seguintes proxectos como gañadores das diferentes categorías: 2º da ESO: ponte levadiza de Juan Carlos, Jesús, Martín e Gregorio 3º da ESO: coche […]

A Lúa vista por Many

20 Xuño, 2011 (13:09) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

Non vos perdades as fotos da Lúa no blog de Many!!!

V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía

16 Xuño, 2011 (18:29) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Ámbito CT, 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso, Divulgación científica, Galería de proxectos, Vídeo |

O xoves 23 de Xuño terá lugar a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no IES de Pastoriza. Nesta ocasión, os proxectos poderán visitarse ao longo da mañá no taller 1. O xurado formado por profesores e alumn@s escollerá un gañador en cada unha das tres categorías: 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO. Proxecto […]

Pizarras de axuste de reaccións químicas

13 Xuño, 2011 (17:36) | 4º de ESO: Ámbito CT, Recurso |

Clic aquí para descargar as pizarras cos exercicios de axuste de reaccións.

Formulación

6 Xuño, 2011 (13:09) | 4º de ESO: Ámbito CT, Recurso |

Dúas ligazóns máis para practicar formulación inorgánica: lmn_mat_qui_12 formulacion_ejercicios

Compostos binarios

30 Maio, 2011 (19:32) | 4º de ESO: Ámbito CT, Imaxe, Utilidade |

Dúas ligazóns para practicar a formulación de compostos inorgánicos binarios: http://www.latizavirtual.org/quimica/quim_ino.html http://www.mysvarela.nom.es/rosais_2/formulac_nom.htm Photo credit: cielo from morguefile.com

Táboa periódica

30 Maio, 2011 (11:13) | 4º de ESO: Ámbito CT, Utilidade |

Hoxe comezamos con formulación. Facede clic aquí para acceder a unha táboa periódica.

Xenética

17 Maio, 2011 (19:23) | 4º de ESO: Ámbito CT, Imaxe, Recurso |

Actividade para traballar xenotipo e fenotipo.

As fotos da Lúa de Mau

14 Abril, 2011 (17:08) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

Impresionante, verdade? Entrade no blog de Mau para ver todas as súas fotos da Lúa!

Globe at Night

10 Abril, 2011 (15:42) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

Globe at Night acaba de agradecer a través do seu Facebook a colaboración de tod@s @s participantes. É emocionante pensar que é posible formar parte dun proxecto colaborativo mundial á vez que se desfruta do ceo.

A Lúa vista por Tamara

8 Abril, 2011 (11:10) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

Visitade o seu blog se queredes ver as fotos que obtivo onte da Lúa a través duns prismáticos. Xenial, Tamara!!!

Pizarras de probabilidade

6 Abril, 2011 (13:25) | 4º de ESO: Ámbito CT, Imaxe, Recurso |

Facede clic aquí para descargar as pizarras de probabilidade. Photo credit: arundo from morguefile.com

Feitos cunha lanterna

5 Abril, 2011 (22:28) | 4º de ESO: Ámbito CT, Colaboración, Divulgación científica, Imaxe |

Alégrame moito presentarvos a primeira colaboración no blog realizada por un alumno do instituto. Queredes aprender a pintar con luz? Many explícanos como facelo ademais de deixarnos estas dúas fantásticas fotos. Para máis detalles, visitade o seu blog. Estas imaxes sacáronse cunha velocidade de obturador lenta, o que quere dicir que mentres o obturador está […]

Obradoiro de telescopios

5 Abril, 2011 (11:27) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

Many tamén sacou fotos co móbil durante o obradoiro de telescopios. Podedes ver a entrada completa no seu blog. Foto de Manuel López

“Alén dos confíns da luz e das tebras…” (Galileo e a Lúa, 1610)

31 Marzo, 2011 (21:05) | 4º de ESO: Ámbito CT, Colaboración, Divulgación científica, Imaxe, Profes, Recurso |

O pasado luns tivemos o pracer de contar coa visita de Salva Bará, profesor da Facultade de Física da USC. e responsable da iniciativa Astronomía na Beirarrúa. Falounos de Galileo, da Lúa e impartiu un obradoiro sobre o manexo de telecopios. Se queredes descargar o pdf da súa charla, facede clic aquí. Grazas de novo!!!

Máis fotos

30 Marzo, 2011 (01:07) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

E unha foto boísima de Tamara coa ligazón ao seu blog. Foto de Tamara Andrade Peón

Primeiras probas

29 Marzo, 2011 (20:35) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

Durante o obradoiro de manexo de telescopios impartido por Salva, @s alumn@s de 4º de PDC probaron as cámaras dos móbiles. Aquí tedes algunhas das fotos que sacou Irma e en canto as nubes nos deixen, teremos fotos da Lúa! Foto de Irma Gómez Amado

Xornada de telescopios

29 Marzo, 2011 (12:48) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica |

En base ao prognóstico de meteogalicia para mañá, deixaremos a xornada de observación e astrofotografía para o xoves ou venres (ou ambos). Mañá falamos! Agardo as vosas fotos de onte!