Category: 4º de ESO: Informática

Chegou o último día de clase…

22 Xuño, 2012 (13:52) | 3º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Informática, 4º de ESO: Tecnoloxía |

…e as merecidas vacacións! Moitas grazas pola vosa implicación no taller e na aula de informática. Paseino fenomenal! Para tod@s que desfrutedes do verán e cheguedes a Setembro cunha morea de cousas que contar. Para os que rematades 4º que non olvidedes o instituto e pasedes algunha vez a visitarnos. Boa sorte e feliz verán!!! […]

Blogs de Informática

20 Marzo, 2012 (19:30) | 4º de ESO: Informática, Aviso, Imaxe |

Xa rematei coa corrección dos blogs de Informática. Podes preguntarme a túa nota en clase. Photo credit: duboix from morguefile.com

Xogo con GameMaker

16 Marzo, 2012 (12:28) | 4º de ESO: Informática, GameMaker, Utilidade |

Utiliza GameMaker para crear un xogo coas seguintes especificacións: Ventana ao comezo do xogo indicando o nome do xogo e as instrucións para xogar. Un dos sprites será unha cruz verde creada por ti. Debe incluír como mínimo un son. Pode ter ate dúas pantallas. Ningunha das accións pode provocar erros. Ao rematar o xogo […]

GameMaker. Queres saber máis?

14 Marzo, 2012 (12:12) | 4º de ESO: Informática, GameMaker, Imaxe, Recurso |

Queres saber máis? Consulta este manual.

Corrección dos blogs

14 Marzo, 2012 (10:17) | 4º de ESO: Informática, Aviso, Imaxe |

O luns día 19 de Marzo comezo coa corrección dos blogs de informática. Tes até entón para actualizar o teu!!! Photo credit: jeltovski from morguefile.com

Xogo con GameMaker

14 Marzo, 2012 (09:07) | 4º de ESO: Informática, GameMaker, Imaxe |

Esta semana @s alumn@s de informática teñen que crear un xogo similar ao da imaxe: o protagonista debe recoller todas as mazás para que a porta de saída se abra. A continuación o xogador pode escoller entre xogar de novo ou saír.

GameMaker

27 Febreiro, 2012 (10:48) | 4º de ESO: Informática, GameMaker, Utilidade |

Seguindo coa creación e publicación de contido multimedia, comezamos co editor de xogos GameMaker. É unha aplicación gratuíta que terás que descargar e instalar.

Relación de posts da 2ª avaliación

24 Febreiro, 2012 (11:50) | 4º de ESO: Informática, Actualización, Audacity |

Canción recortada. Envolvente. Narración con música. Montaxe. Para subir nota: tono de móbil ou anuncio Envía o resultado a tecnoloxia@hotmail.es ou grávao nun pen Asunto: indica tono de móbil ou anuncio O nome do arquivo debe ser apelido_nome Primeiro vídeo de YouTube Segundo vídeo de YouTube Duración 20 s Incluír un efecto como mínimo, un […]

GoAnimate

24 Febreiro, 2012 (11:46) | 4º de ESO: Informática, Imaxe |

Súper… é o nome do teu personaxe. Obtivo os seus poderes ao atopar un obxecto e grazas a estes poderes puido… Cóntanos a historia con GoAnimate! No primeiro capítulo o personaxe atopa o obxecto que o convirte en súper… e no segundo, realiza unha acción empregando os seus superpoderes. Cada capítulo é un vídeo de […]

Máquina de refrescos

15 Febreiro, 2012 (12:22) | 4º de ESO: Informática, Utilidade, Vídeo |

Crea unha historia animada con GoAnimate que teña un mínimo de 4 escenas. Súbea á túa conta de YouTube e publícaa no teu blog nun post que leve por título Máquina de Refrescos.

Proba de acceso aos ciclos de FP

1 Febreiro, 2012 (19:07) | 4º de ESO: Informática, 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso, Titoría |

Queres matricularte nas probas de acceso a ciclos de FP? Pasa polo departamento de orientación! Acceso á convocatoria.

Exame Audacity 4ºB

1 Febreiro, 2012 (08:44) | 4º de ESO: Informática, Audacity, Imaxe |

Descarga esta canción. Queda con 1 minuto 30 segundos medidos dende o comezo e elimina o resto da canción. Emprega o sintetizador de voz para crear un mp3 co texto: “Aquí comeza o meu exercicio. Aquí remata o meu exercicio.” Abre o arquivo de mp3 como unha nova pista no mesmo proxecto que a canción. […]

Exame Audacity 4ºACD

31 Xaneiro, 2012 (10:20) | 4º de ESO: Informática, Audacity, Imaxe |

Descarga esta canción. Queda con 1 minuto 18 segundos medidos dende o comezo e elimina o resto da canción. Emprega o sintetizador de voz para crear un mp3 co texto: “Aquí comeza o meu traballo. Aquí remata o meu traballo.” Abre o arquivo de mp3 como unha nova pista no mesmo proxecto que a canción. […]

Edición en YouTube

29 Xaneiro, 2012 (22:46) | 4º de ESO: Informática, Imaxe, Utilidade, Vídeo |

Podes realizar edición básica dende YouTube e tamén dispoñer de máis opcións a través das ferramentas para creadores.

Código QR

27 Xaneiro, 2012 (13:06) | 4º de ESO: Informática, Actualización, Divulgación científica, Imaxe, Utilidade |

Xera os teus códigos QR con kaywa. Tamén podes xerar códigos QR instalando un complemento de Firefox. Por exemplo:

YouTube

27 Xaneiro, 2012 (10:28) | 4º de ESO: Informática, Imaxe, Utilidade |

Remataches as prácticas de Audacity? Crea unha conta de YouTube Engade un widget de ligazóns no menú lateral do teu blog no que figure a canle de YouTube que acabas de crear.

Exame de Audacity

20 Xaneiro, 2012 (12:25) | 4º de ESO: Informática, Audacity, Aviso, Imaxe |

O grupo 4ºB realizará o exame de Audacity o mércores 1 de Febreiro. O grupo 4ºACD realizará o exame de Audacity o martes 31 de Xaneiro.

Arquivo de audio do exercicio 3

17 Xaneiro, 2012 (11:36) | 4º de ESO: Informática, Audacity, Imaxe, Recurso |

Descarga o arquivo de audio para realizar o exercicio 3. Elimina o ruído e edita para obter: “Para traballar con arquivos de audio é necesario instalar audacity previamente. Emprega o software e comeza a segunda avaliación”. Remata a práctica exportando a mp3 e subindo o arquivo ao teu blog. Photo credit: xandert from morguefile.com

Sintetizador de voz

11 Xaneiro, 2012 (12:16) | 4º de ESO: Informática, Imaxe, Utilidade |

Sintetizador de voz online para xerar arquivos mp3 a partir de texto.

Reprodutor de mp3 flash

6 Xaneiro, 2012 (17:51) | 4º de ESO: Informática, Audacity, Imaxe, Utilidade |

Reprodutor flash de mp3 para usar nas prácticas de Audacity. Photo credit: Alvimann from morguefile.com