Category: 4º de ESO: Tecnoloxía

Chegou o último día de clase…

22 Xuño, 2012 (13:52) | 3º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Informática, 4º de ESO: Tecnoloxía |

…e as merecidas vacacións! Moitas grazas pola vosa implicación no taller e na aula de informática. Paseino fenomenal! Para tod@s que desfrutedes do verán e cheguedes a Setembro cunha morea de cousas que contar. Para os que rematades 4º que non olvidedes o instituto e pasedes algunha vez a visitarnos. Boa sorte e feliz verán!!! […]

Novos vídeos na canle de YouTube

20 Maio, 2012 (16:55) | 3º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, Vídeo |

Vídeos dos proxectos realizados na segunda avaliación xa dispoñibles na canle de YouTube deste blog.

Actualización de Pneumática

23 Marzo, 2012 (14:07) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Actualización, Recurso |

Fai clic aquí para descargar a actualización da unidade de pneumática.

Parabéns a tod@s!!!

23 Marzo, 2012 (11:26) | 3º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso, Imaxe | 3 comments

Os proxectos están rematados. Parabéns a tod@s polo voso traballo e implicación. Estou realmente contenta e orgullosa cos resultados. A semana que vén teredes as notas. Photo credit: mensatic from morguefile.com

IMPORTANTE (4ºESO)

23 Marzo, 2012 (08:57) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso |

Lembrade que todos tedes que facer unha valoración individual do proxecto e publicala no blog. Hoxe é o último día para facelo!!!!!!!!

Paso a nivel

22 Marzo, 2012 (09:25) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, Vídeo |

Queres ver o proxecto deseñado e construído por Lara, Lucía, Iván, Tatiana, Samuel, Pablo, Raúl e Desireé? Trátase dun paso a nivel e no seu blog poderás ver como foi todo o proceso.

Peaxe

21 Marzo, 2012 (09:55) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, Vídeo |

O grupo de 4ºA formado por Julián, Alejandro, Ismael, Alberto e Daniel xa rematou o seu proxecto. Un PICAXE está programado para realizar un ciclo de funcionamento no que están controlados os tempos de subida, agarda e baixada da barreira así como o acendido/apagado dos LED. Parabéns polo traballo!!! Podes seguir todo o proceso de […]

Planilla de corrección dos proxectos

19 Marzo, 2012 (13:47) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, Profes, Recurso | 20 comments

Descarga aquí a planilla de corrección do proxecto de 4º de ESO para coñecer como vai ser avaliado o teu traballo.

Actualización de pneumática

12 Marzo, 2012 (11:20) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Actualización, Recurso |

Clic aquí para descargar os apuntes actualizados. Nesta semana entregarei o boletín de pneumática.

O taller abre nos recreos

12 Marzo, 2012 (10:24) | 3º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso, Imaxe |

O taller xa está abrindo todos os mércores no primeiro recreo. Agora tamén abrirá no primeiro recreo dos venres para que poidades rematar os vosos proxectos. Photo credit: wallyir from morguefile.com

Pneumática

2 Marzo, 2012 (09:30) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, Recurso, Utilidade |

Fai clic aquí para descargar as pizarras. Tamén podes descargar e instalar a aplicación FluidSIM

Os proxectos de 4º de ESO

16 Febreiro, 2012 (14:00) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, Imaxe, PICAXE |

Cada un dos proxectos de 4º de ESO ten asociado un blog para documentar o traballo diario: imaxes do proceso de construción, vídeos de probas de funcionamento, código do programa que controla o PICAXE,… Aquí tedes a lista: Depósito de auga: proxecto de 4ºA que consiste nun depósito de auga que se baleira de forma […]

Comezan os proxectos de 4º ESO!!!

5 Febreiro, 2012 (15:23) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, Imaxe, Vídeo |

Esta semana comezamos cos proxectos de control programado en 4º de ESO. Podes descargar aquí a presentación que veremos en clase e tamén botarlle un ollo ao proxecto gañador da exposición-concurso de 2010-11.

Cuestionario de LEGO!!!!!!!!!

2 Febreiro, 2012 (09:12) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso, Imaxe |

Lembra que mañá venres 3 de Febreiro é o último día para entregar o cuestionario de LEGO. Podes facelo en man ou envialo á dirección tecnoloxia@hotmail.es

Proba de acceso aos ciclos de FP

1 Febreiro, 2012 (19:07) | 4º de ESO: Informática, 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso, Titoría |

Queres matricularte nas probas de acceso a ciclos de FP? Pasa polo departamento de orientación! Acceso á convocatoria.

Actualización dos apuntes de PICAXE

25 Xaneiro, 2012 (11:26) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Actualización, Imaxe, PICAXE, Recurso |

Actualización dos apuntes de PICAXE coa relación de práticas.

Cuestionario de LEGO

23 Xaneiro, 2012 (11:17) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, Recurso |

Podes descargar o cuestionario de LEGO facendo clic aquí ou recollelo na fotocopiadora se queres telo en papel. Data límite de entrega: Venres 3 de Febreiro

Comandos de PICAXE

20 Xaneiro, 2012 (12:22) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, PICAXE, Recurso |

Clic aquí para acceder ao manual de comandos básicos.

Sistemas de control: Exame

19 Xaneiro, 2012 (21:00) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso, Imaxe |

Exame de sistemas de control o luns día 23 de Xaneiro para os grupos 4ºA, 4ºB e 4ºD. Photo credit: wallyir from morguefile.com

Apuntes de control programado

18 Xaneiro, 2012 (22:17) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, Recurso |

Queres copia en papel? Pasa pola fotocopiadora! Photo credit: ppdigital from morguefile.com