Category: ACER-EUN

Estruturas (II)

15 Xaneiro, 2011 (14:28) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Recurso, Test |

Logo da introdución do tema de estruturas realizada o pasado mércores, o luns teremos a segunda sesión adicada á undade de estruturas. Nela definiremos estrutura, realizaremos unha primeira clasificación e finalmente falaremos da evolución das estruturas e elementos estruturais ao longo da Historia. Ao rematar os 10-15 minutos de contidos teredes que realizar a seguinte […]

Estruturas (I): As pontes

8 Xaneiro, 2011 (19:08) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Recurso, Test, Vídeo |

Comezaremos a unidade co visionado do vídeo e a continuación teredes que responder un test online. Indicade o voso nome e primeiro apelido, e introducide o contrasinal que vos indique. Os vosos resultados quedarán rexistrados.

Unidade 3: Estruturas

8 Xaneiro, 2011 (17:32) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Imaxe, Recurso |

Comezamos a segunda avaliación co tema de estruturas e o seguinte esquema de traballo: Luns: explicación de contidos ao longo de 10-15 minutos e actividades que permitan traballar os contidos explicados empregando os portátiles. Estas sesións terán lugar na vosa aula de 2ºC. Mércores: teoría/práctica (avisareivos cada luns para que saibades se tedes que baixar […]

Proxecto Acer-European Schoolnet

1 Decembro, 2010 (13:05) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Profes |

O curso pasado o IES de Pastoriza foi seleccionado para participar no proxecto ACER-EUN cun grupo de 1º de ESO. No presente curso participaremos cos catro grupos de 2º de ESO  e eu incorpórome (a través da asignatura de Tecnoloxías) a esta iniciativa tan interesante que pretende explorar o uso educativo do ultraportátil nas aulas.