Category: Audacity

Relación de posts da 2ª avaliación

24 Febreiro, 2012 (11:50) | 4º de ESO: Informática, Actualización, Audacity |

Canción recortada. Envolvente. Narración con música. Montaxe. Para subir nota: tono de móbil ou anuncio Envía o resultado a tecnoloxia@hotmail.es ou grávao nun pen Asunto: indica tono de móbil ou anuncio O nome do arquivo debe ser apelido_nome Primeiro vídeo de YouTube Segundo vídeo de YouTube Duración 20 s Incluír un efecto como mínimo, un […]

Exame Audacity 4ºB

1 Febreiro, 2012 (08:44) | 4º de ESO: Informática, Audacity, Imaxe |

Descarga esta canción. Queda con 1 minuto 30 segundos medidos dende o comezo e elimina o resto da canción. Emprega o sintetizador de voz para crear un mp3 co texto: “Aquí comeza o meu exercicio. Aquí remata o meu exercicio.” Abre o arquivo de mp3 como unha nova pista no mesmo proxecto que a canción. […]

Exame Audacity 4ºACD

31 Xaneiro, 2012 (10:20) | 4º de ESO: Informática, Audacity, Imaxe |

Descarga esta canción. Queda con 1 minuto 18 segundos medidos dende o comezo e elimina o resto da canción. Emprega o sintetizador de voz para crear un mp3 co texto: “Aquí comeza o meu traballo. Aquí remata o meu traballo.” Abre o arquivo de mp3 como unha nova pista no mesmo proxecto que a canción. […]

Exame de Audacity

20 Xaneiro, 2012 (12:25) | 4º de ESO: Informática, Audacity, Aviso, Imaxe |

O grupo 4ºB realizará o exame de Audacity o mércores 1 de Febreiro. O grupo 4ºACD realizará o exame de Audacity o martes 31 de Xaneiro.

Arquivo de audio do exercicio 3

17 Xaneiro, 2012 (11:36) | 4º de ESO: Informática, Audacity, Imaxe, Recurso |

Descarga o arquivo de audio para realizar o exercicio 3. Elimina o ruído e edita para obter: “Para traballar con arquivos de audio é necesario instalar audacity previamente. Emprega o software e comeza a segunda avaliación”. Remata a práctica exportando a mp3 e subindo o arquivo ao teu blog. Photo credit: xandert from morguefile.com

Reprodutor de mp3 flash

6 Xaneiro, 2012 (17:51) | 4º de ESO: Informática, Audacity, Imaxe, Utilidade |

Reprodutor flash de mp3 para usar nas prácticas de Audacity. Photo credit: Alvimann from morguefile.com

Comezamos con Audacity

6 Xaneiro, 2012 (15:23) | 4º de ESO: Informática, Audacity, Imaxe, Utilidade |

Descarga da aplicación e manual para usuarios. Guía rápida para barras de ferramentas e menús. E música Creative Commons para traballar.