Category: Aviso

Fotografía

10 Novembro, 2011 (11:08) | 4º de ESO: Informática, Aviso, Imaxe |

A próxima semana realizaremos prácticas de fotografía dixital dentro da unidade de tratamento de imaxes. Para iso, teredes que traer unha cámara de fotos ou teléfono móbil con cámara e o cable que permite a súa conexión ao ordenador para a descarga de fotos. Photo credit: caprisco from morguefile.com

Aula de informática

7 Novembro, 2011 (13:11) | 4º de ESO: Informática, Aviso |

A aula de informática estará aberta o mércores día 9 de Novembro durante o primeiro recreo.

Comezamos!

4 Novembro, 2011 (08:41) | 3º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Informática, 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso |

E a 9ºC en Pastoriza, comezamos a xornada e tamén as actividades do Día da Ciencia en Galego!

Aula de Informática

28 Outubro, 2011 (13:22) | 4º de ESO: Informática, Aviso |

A aula de informática estará aberta no primeiro recreo do mércores día 2 de Novembro.

Exame de Sistemas Operativos

19 Outubro, 2011 (12:16) | 4º de ESO: Informática, Aviso, Recurso |

O venres día 28 de Outubro realizaredes o exame de Sistemas Operativos. Déixovos o test aberto para que repasedes.

Tes o teu blog ao día?

18 Outubro, 2011 (12:01) | 4º de ESO: Informática, Aviso, Imaxe |

Se non tes rematados todos os posts da unidade e non tes conexión na casa, podes vir no primeiro recreo do mércores á aula de informática. Photo credit: jdurham from morguefile.com

Control 4ºB e 4ºD

5 Outubro, 2011 (12:16) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso |

O control de electricidade cámbiase parar o xoves día 13 de Outubro. Desculpade!

Control de 4ºA

4 Outubro, 2011 (12:18) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso | 4 comments

E o martes día 11, control en 4ºA. Traede calculadora!

Control de electricidade

30 Setembro, 2011 (10:48) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso, Imaxe |

O venres 7 de Outubro realizaremos o control de electricidade nos grupos de 4ºB e 4ºD. Traede calculadora.

V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía

16 Xuño, 2011 (18:29) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Ámbito CT, 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso, Divulgación científica, Galería de proxectos, Vídeo |

O xoves 23 de Xuño terá lugar a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no IES de Pastoriza. Nesta ocasión, os proxectos poderán visitarse ao longo da mañá no taller 1. O xurado formado por profesores e alumn@s escollerá un gañador en cada unha das tres categorías: 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO. Proxecto […]

Recuperación de 2ºC

12 Xuño, 2011 (23:22) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Aviso, Imaxe |

O exame de recuperación de 2ºC será o luns 20 durante a clase de Tecnoloxía.

Data de entrega dos proxectos

6 Xuño, 2011 (17:47) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso, Imaxe |

A data límite para rematar os proxectos de 2ºC e 4ºA é o 17 de Xuño.

Exame de acceso libre a FP de GM

2 Xuño, 2011 (23:16) | Aviso, Imaxe |

Mañá celébranse as probas de acceso libre para ciclos de FP de GM. Os mellores desexos para @s nos@s chic@s!!! Tal e como quedamos, o próximo xoves ás 11:30 correxiremos o exame xuntos no taller 1. Photo credit: grietgriet from morguefile.com

Clases de apoio de Tecnoloxía para a proba de acceso a FP

2 Maio, 2011 (22:03) | Aviso, Imaxe |

Esta semana comezamos coas clases de apoio de Tecnoloxía para preparar a proba de acceso a FP de grao medio. Se estás interesad@ vén ao Taller 1 todos os xoves de 11:30 a 12:20 horas.

XI Xornadas de Tecnoloxía de Galiza

22 Abril, 2011 (17:06) | Aviso, Divulgación científica, Imaxe, Profes |

Os días 6 e 7 de Maio terán lugar as XI Xornadas de Tecnoloxía de Galiza organizadas por APETEGA no IES Francisco Asorey de Cambados. Vémonos!

Aviso: material de cursos anteriores

21 Febreiro, 2011 (18:05) | Aviso, Recurso |

Eliminei do menú PRINCIPAL as ligazóns ao material de Tecnoloxía, Tecnoloxías e Ámbito Científico-Técnico de cursos anteriores, pero non o material, que continúa sendo accesible a través das CATEGORÍAS ou da caixa Procurar. Grazas!

O modelado do relevo

8 Febreiro, 2011 (10:17) | 4º de ESO: Ámbito CT, Aviso, Imaxe |

A exposición de traballos sobre o modelado do relevo comezará o vindeiro luns día 14 de Febreiro. A orde é a seguinte: Many: Tectónica de placas Adry: Volcáns Yasmín: Terremotos Tamara: Acción xeolóxica das augas superficiais Aitor: Acción xeolóxica das augas subterráneas Nerea: Acción xeolóxica do xeo Mau: Acción xeolóxica do vento Cris: Acción xeolóxica […]

Aviso importante

7 Febreiro, 2011 (15:32) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Aviso |

Os resultados do test de estruturas IV xa están revisados e efetivamente hai correcións nalgunha das notas porque a aplicación fai diferenza entre maiúsculas e minúsculas e estaba dando erro en preguntas respostadas correctamente. A relación de notas modificadas: Cristina: 7,2 Ezequiel e Iago: 7,2 Jesús e Juan Carlos: 8,3 Martín: 6,7 Paco: 7,8 Raquel […]

Un par de avisos

3 Febreiro, 2011 (11:48) | 4º de ESO: Ámbito CT, Aviso |

A data límite para entregar os traballos sobre o modelado do revelo é o martes día 8 de Febreiro (non recollerei traballos entregados fóra de prazo). Podedes ou ben envialos por mail ou ben gravalos nun pen. O xoves día 10 de Febreiro a 4ª hora terá lugar na aula de 4ºC a charla de […]

Orientación vocacional

31 Xaneiro, 2011 (12:09) | Aviso, Imaxe, Profes, Recurso |

O departamento de orientación do IES de Pastoriza abre blog destinado á orientación vocacional. Nel atoparedes información relativa ás probas de acceso a FP e moito máis. Parabéns pola iniciativa!!!