Category: Divulgación científica

Noite de estrelas en Arteixo

14 Maio, 2012 (13:36) | Divulgación científica, Imaxe |

Arteixo vístese de Letras os días 16 e 17 de Maio. Entre as moitas e interesantes actividades programadas, unha noite de estrelas con Astronomía na Beirarrúa. Achégate ao anfiteatro na noite do 16 e desfruta do ceo con nós!!!

O motor máis simple

4 Maio, 2012 (11:31) | Divulgación científica, Vídeo |

Podes construír un motor cunha pila, un imán e un arame de cobre. E para entender o funcionamento dun motor de corrente contínua, podes ver este vídeo.

O home que puxo nome ás nubes

20 Abril, 2012 (10:25) | Divulgación científica, Vídeo |

Tomando medidas XIII: Legua

16 Abril, 2012 (21:43) | Divulgación científica, Imaxe, Tomando medidas |

Unha legua é unha antiga medida de lonxitude que dá conta da distanza a pé que unha persoa é capaz de percorrer nunha hora. É moi habitual considerar unha equivalencia de 5 km, de maneira que o camiño andado nunha xornada estaría en torno aos 35 km. Isto reflíctese no feito de que esa é […]

Globe at Night en galego

13 Abril, 2012 (11:16) | Aviso, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Imaxe, Profes |

O Mundo á Noite, a última fase da campaña de Globe at Night xa está en marcha e durará ate o 20 de Abril. Só tes que obervar a constelación de Leo a simple vista e comparar as túas observacións cos mapas estelares que atoparás na web desta iniciativa (este ano, por primeira vez en […]

As cores na noite

9 Abril, 2012 (18:49) | Divulgación científica, Imaxe |

O noso sistema visual non pode percibir as cores na noite… pero están aí! Realiza unha foto de longa exposición para comprobalo. Podes apoiar a cámara sobre unha superficie ou mellor incluso, empregar un trípode. Axusta os parámetros da túa cámara para fixar un tempo de exposición óptimo e terás un resultado coma o da […]

Código QR

27 Xaneiro, 2012 (13:06) | 4º de ESO: Informática, Actualización, Divulgación científica, Imaxe, Utilidade |

Xera os teus códigos QR con kaywa. Tamén podes xerar códigos QR instalando un complemento de Firefox. Por exemplo:

Para probar na fin de semana

11 Novembro, 2011 (13:50) | 3º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Informática, Divulgación científica, Vídeo |

Visto en microsiervos.

Día da Ciencia en Galego

31 Outubro, 2011 (21:21) | Divulgación científica, Imaxe | 2 comments

Máis información aquí.

Minipunto limpo

22 Agosto, 2011 (19:29) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Imaxe |

As lámpadas de baixo consumo conteñen vapor de mercurio no seu interior. Este metal dá lugar a substancias altamente tóxicas e bioacumulables que se incorporan con facilidade á cadea alimenticia. Se unha lámpada de baixo consumo deixa de funcionar, non a tires ao lixo, deposítaa nun minipunto limpo. Nestes lugares de recollida tamén podes desfacerte […]

Tomando medidas XII: culleradiña

2 Agosto, 2011 (13:36) | Divulgación científica, Imaxe, Tomando medidas |

Photo credit: inarizoo from morguefile.com Resulta moi conveniente ter a man obxectos que nos proporcionen unha referencia en ausencia de instrumentos de medida. Así, a nosa cuarta ou a amplitude dun paso poden sacarnos dalgún apuro para realizar estimacións. Con todo, resúltame sorprendente que as doses dun xarope con vaso dosificador, veñan indicadas  no prospecto […]

Un libro para o verán

30 Xullo, 2011 (13:49) | Divulgación científica, Imaxe |

Veño de ler en amazings unha entrada acerca de Kim Peek (a referencia de Dustin Hoffman para protagonizar Rain Man) e Daniel Tammet. Este último publicou a súa biografía en 2006 e con ela achéganos ao mundo das persoas afectadas pola síndrome de Asperger. Lectura moi recomendable.

V Exposición-concurso de Proxectos de Tecnoloxía

23 Xuño, 2011 (22:30) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Ámbito CT, 4º de ESO: Tecnoloxía, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Galería de proxectos, Vídeo |

Hoxe celebramos a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no taller 1 do instituto. O xurado formado por Dennise Iglesias, Alexia Anido, Brahim El Ghotiss, Natalia Rodríguez e Eva Sanz seleccionou os seguintes proxectos como gañadores das diferentes categorías: 2º da ESO: ponte levadiza de Juan Carlos, Jesús, Martín e Gregorio 3º da ESO: coche […]

A Lúa vista por Many

20 Xuño, 2011 (13:09) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

Non vos perdades as fotos da Lúa no blog de Many!!!

V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía

16 Xuño, 2011 (18:29) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Ámbito CT, 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso, Divulgación científica, Galería de proxectos, Vídeo |

O xoves 23 de Xuño terá lugar a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no IES de Pastoriza. Nesta ocasión, os proxectos poderán visitarse ao longo da mañá no taller 1. O xurado formado por profesores e alumn@s escollerá un gañador en cada unha das tres categorías: 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO. Proxecto […]

Entrega de traballos

27 Maio, 2011 (19:15) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Divulgación científica, Imaxe |

A data límite para a entrega de traballos é o venres 17 de Xuño. Lembrade que é válido calquera soporte multimedia. Sede creativos!!! Photo credit: mconnors from morguefile.com

Os metais

26 Abril, 2011 (12:48) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Divulgación científica, Vídeo |

Mañá comezamos a unidade Os Metais. Déixovos un vídeo por se queredes probar. Gañade o primeiro positivo desta avaliación explicando (podedes enviarme un mail) como funciona.

XI Xornadas de Tecnoloxía de Galiza

22 Abril, 2011 (17:06) | Aviso, Divulgación científica, Imaxe, Profes |

Os días 6 e 7 de Maio terán lugar as XI Xornadas de Tecnoloxía de Galiza organizadas por APETEGA no IES Francisco Asorey de Cambados. Vémonos!

Electricidade estática

18 Abril, 2011 (13:26) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Colaboración, Divulgación científica, Xogo |

Brais Rey, alumno de Tecnoloxía de 4ºA, explícanos como é posible poñer en movemento unha lata de refresco cun globo sen que exista contacto entre ambos. Grazas, Brais!!! A electriciade estática é a acumulación dun exceso de carga eléctrica nunha zona con pouca conductividade eléctrica, un illante, de maneira que a acumulación de carga persiste. […]

As fotos da Lúa de Mau

14 Abril, 2011 (17:08) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

Impresionante, verdade? Entrade no blog de Mau para ver todas as súas fotos da Lúa!