Category: Divulgación científica

Globe at Night

10 Abril, 2011 (15:42) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

Globe at Night acaba de agradecer a través do seu Facebook a colaboración de tod@s @s participantes. É emocionante pensar que é posible formar parte dun proxecto colaborativo mundial á vez que se desfruta do ceo.

A Lúa vista por Tamara

8 Abril, 2011 (11:10) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

Visitade o seu blog se queredes ver as fotos que obtivo onte da Lúa a través duns prismáticos. Xenial, Tamara!!!

Feitos cunha lanterna

5 Abril, 2011 (22:28) | 4º de ESO: Ámbito CT, Colaboración, Divulgación científica, Imaxe |

Alégrame moito presentarvos a primeira colaboración no blog realizada por un alumno do instituto. Queredes aprender a pintar con luz? Many explícanos como facelo ademais de deixarnos estas dúas fantásticas fotos. Para máis detalles, visitade o seu blog. Estas imaxes sacáronse cunha velocidade de obturador lenta, o que quere dicir que mentres o obturador está […]

Obradoiro de telescopios

5 Abril, 2011 (11:27) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

Many tamén sacou fotos co móbil durante o obradoiro de telescopios. Podedes ver a entrada completa no seu blog. Foto de Manuel López

“Alén dos confíns da luz e das tebras…” (Galileo e a Lúa, 1610)

31 Marzo, 2011 (21:05) | 4º de ESO: Ámbito CT, Colaboración, Divulgación científica, Imaxe, Profes, Recurso |

O pasado luns tivemos o pracer de contar coa visita de Salva Bará, profesor da Facultade de Física da USC. e responsable da iniciativa Astronomía na Beirarrúa. Falounos de Galileo, da Lúa e impartiu un obradoiro sobre o manexo de telecopios. Se queredes descargar o pdf da súa charla, facede clic aquí. Grazas de novo!!!

Máis fotos

30 Marzo, 2011 (01:07) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

E unha foto boísima de Tamara coa ligazón ao seu blog. Foto de Tamara Andrade Peón

Primeiras probas

29 Marzo, 2011 (20:35) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

Durante o obradoiro de manexo de telescopios impartido por Salva, @s alumn@s de 4º de PDC probaron as cámaras dos móbiles. Aquí tedes algunhas das fotos que sacou Irma e en canto as nubes nos deixen, teremos fotos da Lúa! Foto de Irma Gómez Amado

Xornada de telescopios

29 Marzo, 2011 (12:48) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica |

En base ao prognóstico de meteogalicia para mañá, deixaremos a xornada de observación e astrofotografía para o xoves ou venres (ou ambos). Mañá falamos! Agardo as vosas fotos de onte!

Unha visita moi esperada

25 Marzo, 2011 (20:28) | 4º de ESO: Ámbito CT, Colaboración, Divulgación científica, Imaxe |

Durante toda a 2ª avaliación vimos desenvolvendo diferentes actividades de astronomía en paralelo co traballo doutras unidades. A próxima semana será especialmente emocionante porque o luns teremos a inmensa sorte de contar coa visita de Salvador Bará, profesor da Facultade de Física da USC e responsable da iniciativa Astronomía na Beirarrúa: “O ceo está no […]

Infografía do estado actual na central de Fukushima

16 Marzo, 2011 (17:46) | Divulgación científica, Imaxe |

Do taboleiro de FB dun amigo, unha infografía do estado actual na central de Fukushima:

Globe at Night: segunda noite observando o ceo

4 Marzo, 2011 (21:39) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

Lembrade que a de mañá será a última noite para participar e que é un proxecto no que paga a pena empregar 10 minutos!!!

Globe at Night

3 Marzo, 2011 (22:02) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe, Profes |

Xa temos o primeiro punto en Arteixo!

Proxecto colaborativo: Contaminación Lumínica

3 Marzo, 2011 (14:18) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe, Profes, Utilidade |

Dende o Ámbito Científico-Técnico de 4ºD  participaremos ate o 6 de Marzo nun proxecto colaborativo  de caráter mundial: Globe at Night. Trátase de determinar a contaminación lumínica en calquera punto da Terra a través da observación da constelación de Orión.  As nosas medicións formarán parte dun mapal global onde se rexistrarán medidas realizadas en todo […]

Ela é unha astrónoma

28 Febreiro, 2011 (15:28) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe |

No marco das actividades de Astronomía que estamos a realizar no ámbito científico-técnico, quixemos recuperar a magnífica exposición elaborada en 2009 con motivo do Ano Internacional de Astronomía. Co título Con A de Astrónomas e a través de 13 paneis, poderemos facer un percorrido polo Sol, o sistema solar, as estrelas, as galaxias… o universo, […]

Tomando medidas XI: Xogamos coas escalas

23 Febreiro, 2011 (17:38) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Profes, Recurso, Tomando medidas, Vídeo |

Se a Terra fora un balón de baloncesto e a Lúa unha pelota de tenis, que distancia debería separalas para manter a escala empregada nos diámetros? Onte vin este vídeo en amazings e hoxe realizamos unha pequena práctica na clase de Ámbito Científico-Técnico (dentro das actividades relacionadas con astronomía que estamos desenvolvendo ao longo desta […]

Stellarium

31 Xaneiro, 2011 (23:11) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe, Utilidade |

Podedes descargar Stellarium seguindo esta ligazón.

E por fin… as fotos do día dos foguetes!

24 Xaneiro, 2011 (12:06) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Galería de proxectos, Imaxe, Vídeo |

A febre e unha dor de gorxa tremenda non deixaron que hoxe fora ao instituto, así que aproveitei o tempo para facer unha montaxe con algunhas das moitísimas fotos que tiramos o día dos foguetes. Que día! NOTA: acepto cambios na selección de fotos e música 🙂 Foguetes de auga (4ºD Ámbito Científico-Técnico) on PhotoPeach

Cámara incorporada no foguete

20 Xaneiro, 2011 (19:16) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Vídeo | 1 comment

Tamén incorporamos unha pequena cámara na parte superior do foguete. No seguinte vídeo podedes ver a gravación correspondente ao lanzamento foguete04.

Primeiro vídeo do lanzamento de foguetes de auga!!!

20 Xaneiro, 2011 (00:56) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Vídeo | 1 comment

Unha pequena mostra (tede paciencia e haberá máis) da xornada de foguetes de auga que tivemos esta mañá. Trátase do lanzamento do foguete construído polos alumnos de 4ºD. As dúas gravacións correspóndense con dúas cámaras, unha na base de lanzamento e outra situada para rexistrar a traxectoria completa do foguete. Un traballo estupendo. Parabéns a […]

A mecánica do Universo (I)

17 Xaneiro, 2011 (15:09) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe, Vídeo |

Comezamos esta unidade co visionado dun programa especial de Mythbusters acerca da suposta teoría da conspiración arredor da chegada do Home á Lúa. Podedes descargar o vídeo que vimos e analizamos en clase ben dende a aulateca, ben facendo clic aquí. O exercicio que vos propoño é o seguinte: Escollede 2 probas da teoría da […]