Category: Ecotecnoloxía

Globe at Night en galego

13 Abril, 2012 (11:16) | Aviso, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Imaxe, Profes |

O Mundo á Noite, a última fase da campaña de Globe at Night xa está en marcha e durará ate o 20 de Abril. Só tes que obervar a constelación de Leo a simple vista e comparar as túas observacións cos mapas estelares que atoparás na web desta iniciativa (este ano, por primeira vez en […]

Minipunto limpo

22 Agosto, 2011 (19:29) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Imaxe |

As lámpadas de baixo consumo conteñen vapor de mercurio no seu interior. Este metal dá lugar a substancias altamente tóxicas e bioacumulables que se incorporan con facilidade á cadea alimenticia. Se unha lámpada de baixo consumo deixa de funcionar, non a tires ao lixo, deposítaa nun minipunto limpo. Nestes lugares de recollida tamén podes desfacerte […]

V Exposición-concurso de Proxectos de Tecnoloxía

23 Xuño, 2011 (22:30) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Ámbito CT, 4º de ESO: Tecnoloxía, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Galería de proxectos, Vídeo |

Hoxe celebramos a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no taller 1 do instituto. O xurado formado por Dennise Iglesias, Alexia Anido, Brahim El Ghotiss, Natalia Rodríguez e Eva Sanz seleccionou os seguintes proxectos como gañadores das diferentes categorías: 2º da ESO: ponte levadiza de Juan Carlos, Jesús, Martín e Gregorio 3º da ESO: coche […]

E por fin… as fotos do día dos foguetes!

24 Xaneiro, 2011 (12:06) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Galería de proxectos, Imaxe, Vídeo |

A febre e unha dor de gorxa tremenda non deixaron que hoxe fora ao instituto, así que aproveitei o tempo para facer unha montaxe con algunhas das moitísimas fotos que tiramos o día dos foguetes. Que día! NOTA: acepto cambios na selección de fotos e música 🙂 Foguetes de auga (4ºD Ámbito Científico-Técnico) on PhotoPeach

Cámara incorporada no foguete

20 Xaneiro, 2011 (19:16) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Vídeo | 1 comment

Tamén incorporamos unha pequena cámara na parte superior do foguete. No seguinte vídeo podedes ver a gravación correspondente ao lanzamento foguete04.

Primeiro vídeo do lanzamento de foguetes de auga!!!

20 Xaneiro, 2011 (00:56) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Vídeo | 1 comment

Unha pequena mostra (tede paciencia e haberá máis) da xornada de foguetes de auga que tivemos esta mañá. Trátase do lanzamento do foguete construído polos alumnos de 4ºD. As dúas gravacións correspóndense con dúas cámaras, unha na base de lanzamento e outra situada para rexistrar a traxectoria completa do foguete. Un traballo estupendo. Parabéns a […]

E o día dos lanzamentos é…

13 Xaneiro, 2011 (17:33) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Imaxe |

Ao longo da clase de hoxe de hoxe rematamos os foguetes e dispuxemos todo para o día dos lanzamentos. Inicialmente pensamos no luns, pero as dúas horas de clase quedan partidas polo recreo. O martes as dúas horas son seguidas pero son as dúas primeiras da mañá e todavía non hai luz suficiente para realizar […]

Primeiras probas cos foguetes de auga

12 Xaneiro, 2011 (18:02) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Vídeo |

Vídeo que documenta as primeiras probas cos foguetes de auga. Como o tempo non se prestaba moito, fixémolas dentro do taller e sen agua, claro. Cada quen puido afacerse á tarefa que terá que realizar o día do lanzamento, e de paso aproveitamos para probar varios materiais nos que cravar a agulla da bomba de […]

Motor Stirling con material de refugallo

7 Novembro, 2010 (21:52) | Colaboración, Ecotecnoloxía, Vídeo |

Boísimo vídeo dun motor Stirling, construído con material de refugallo, en funcionamento. Máis información na páxina de orixe. Envío de Suso. Grazas!!!

Xoguetes con material de refugallo

6 Novembro, 2010 (12:05) | Ecotecnoloxía, Imaxe, Recurso, Xogo |

Podedes facer xoguetes con moitos obxectos que tedes pola casa ou que diariamente van ao lixo. Non vos perdades esta páxina!!!

Non tiredes nada!!!

7 Setembro, 2010 (14:11) | Aviso, Ecotecnoloxía, Galería de proxectos, Imaxe, Profes, Vídeo |

O cargador dun móbil vello é unha fonte de tensión, o pau dun chupa pódese utilizar para conectar unha engrenaxe co eixo dun motor, o taṕon dunha botella de leite pode ser unha boa roda e o vaso de vidro dun iogur pode empregarse para construír unha lámpada de incandescencia. Para que os alumnos saiban […]

As enerxías renovables que emprega cada país

25 Agosto, 2010 (18:33) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Imaxe |

Visto en desenchufados.

Solucións de baixa tecnoloxía

20 Agosto, 2010 (14:17) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Imaxe |

E outra de microsiervos que non ten desperdicio. Acabo de darme conta de que non os teño ligados en GÚSTAME. Será o seguinte que faga.

O símbolo de reciclaxe

20 Agosto, 2010 (14:05) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Imaxe |

Leo en microsiervos que o símbolo de reciclaxe cumpre 40 anos. Queredes coñecer a súa interesante historia? Aí vai unha pista…

Os vagalumes e a contaminación lumínica

1 Agosto, 2010 (17:00) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía |

Como cada verán veño cos meus fillos ao mesmo cámping ao que viña de nena cos meus pais (xa hai uns trinta anos diso). Lembro que cada noite nos xuntabamos toda a rapazada do mesmo tempo (anos arriba-abaixo) e xogabamos ás  agachadas por todo o cámping. Era moi habitual compartir escondite con todo tipo de […]

Construír un aeroxerador

21 Xullo, 2010 (20:33) | Ecotecnoloxía |

Xa hai tanto tempo que teño gardado este documento para escribir unha entrada, que me temo que a ligazón á páxina orixinal xa non funciona 🙁 Queredes construír un aeroxerador empregando fundamentalmente papel? Animádevos, sacádelle unha foto ou un vídeo e enviádemo! Descargade aquí as instrucións.

Carga o teu móbil sen cargador

13 Xullo, 2010 (19:16) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía |

A inexcusable falta de compatibilidade entre diferentes marcas de teléfonos móbiles, fai que cada vez que cambiamos de aparato sexa preciso renovar tamén o cargador. Esta situación pode cambiar con propostas tan interesantes coma o Duracell MyGrid, capaz de cargar ate catro dispositivos ao mesmo tempo sen necesidade de conexión cableada e válido para todo […]

Somos terrestres

22 Abril, 2010 (08:00) | Ecotecnoloxía, Vídeo |

Feliz día da Terra!!!

Vibrobots de 3ºBC

15 Abril, 2010 (18:44) | Ecotecnoloxía, Galería de proxectos, Vídeo |

E un par de vídeos dos vibrobots de 3ºBC…

Vibrobots de 3ºA

7 Abril, 2010 (18:35) | Ecotecnoloxía, Galería de proxectos, Vídeo |

Os alumnos de 3ºA xa fixeron os seus vibrobots. Aquí temos tres vídeos do funcionamento dos bichos. Mañán é o turno dos de 3ºBC. 3ºA grupo verde 3ºA grupo azul 3ºA grupo amarelo