Category: Ecotecnoloxía

3º ESO: Vibrobot

5 Abril, 2010 (19:42) | Ecotecnoloxía, Recurso, Vídeo |

Nesta semana construiremos vibrobots no taller. Podedes ir botándolle un ollo a este vídeo que xa vimos en clase antes das vacacións. O cuestionario deste miniproxecto pode descargarse na sección 3ª AVALIACIÓN.

1, 2, 3, 4, 5…

12 Xaneiro, 2010 (21:06) | Colaboración, Divulgación científica, Ecotecnoloxía |

Que vos parece o despezamento do Hyundai Genesis 2010? O envío é de Suso, colaborador deste blog e para ver acceder á ligazón onde se publica esta foto e un post moi interesante, soamente tedes que facer clic nela.

Robot solar

20 Novembro, 2009 (23:54) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Vídeo |

A través de nopuedocreer atopei este robot solar que se move ate que se descarga para comezar de novo a andar en canto se recarga a través da súa placa solar. Interesante…

Reciclar unha guía telefónica

19 Setembro, 2009 (22:47) | Ecotecnoloxía |

Todos temos unha guía telefónica atrasada por casa, verdade? Pois agora podemos convertela nun organizador de lápices! Vede todos os detalles en ikkaro.

Bicicleta plegable

5 Agosto, 2009 (13:20) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Vídeo |

A través de ALT1040 souben da existencia desta bicicleta plegable que todavía non está comercializada. Sen dúbida un artiluxio ben interesante para os que gostan de usar a bici nas cidades, viaxan ou teñen pouco espazo na casa.

Se medimos distancias en campos de fútbol…

19 Xullo, 2009 (21:19) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía |

…podemos medir a eficiencia na impresión de cada tipo de letra en bolígrafos!!! (vía microsiervos).

Para ir abrindo boca

24 Xuño, 2009 (12:14) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Vídeo |

Como xa comentei, ao longo dos próximos días farei un post coas fotos da IV Exposición-Concurso que celebramos o luns 22 de Xuño no IES de Pastoriza. Mentres, déixovos cun vídeo que colgou o noso compañeiro de Santiago Jorge Gómez acerca da mostra de proxectos realizada o día 12 de Xuño no Toural. Así poderedes […]

Unha imaxe

7 Maio, 2009 (20:54) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía |

Vía no puedo creer.

Electricidade a partir de radiación solar

1 Maio, 2009 (17:39) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía |

Acaba de entrar en funcionamento unha nova planta para xeración de electricidade a partir da radiación solar. Toda a información facendo clic nesta ligazón que nos envía o noso colaborador Suso Pensado.

¿Pódese construír un captador solar con botellas de plástico?

26 Marzo, 2009 (23:50) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía |

Pódese! Para saber máis, visitade esta ligazón que nos recomenda Suso Pensado.Aproveito tamén para animarvos a que me enviedes as vosas recomendacións ou colaboracións para o blog.

As 24 horas de Le Mans para vehículos ecolóxicos

12 Marzo, 2009 (20:20) | Colaboración, Divulgación científica, Ecotecnoloxía |

Carreiras para coches ecolóxicos!!! Non deixedes de ler este sorprendente post escrito por Suso Pensado, profesor do departamento de Francés do IES de Pastoriza. O deporte comeza a estar menos reñido coa sensibilidade ecolóxica e a busca de alternativas ós carburantes fósiles. A proba máis palpable ten lugar no mítico circuito de Le Mans onde […]

O Congo na mochila

10 Febreiro, 2009 (21:34) | Colaboración, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Vídeo |

Reabro a sección de colaboracións do blog con esta interesantísima entrada escrita por Nacho Menéndez, profesor do departamento de Ciencias Sociais do IES de Pastoriza. Xoguemos ao Trivial.– Pregunta: Onde está a República Democrática do Congo?– Resposta: en África central.– Pregunta: Enumera polo menos tres instrumentos electrónicos co cualificativo de “tic”.– Resposta: Teléfono Móbil, GPS […]

Aplicación da semana: Print What You Like

2 Novembro, 2008 (23:06) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Utilidade |

Cantas veces atopamos unha páxina que desexamos imprimir pero que contén moitos elementos que non son do noso interese? Con PrintWhatYouLike poderemos editar a páxina e facer as modificacións que consideremos oportunas: eliminar elementos ou grupos de elementos, modificar o tipo e o tamaño de letra, eliminar todas as imaxes cun clic,… Soamente teremos que […]

Aforro enerxético

28 Outubro, 2008 (21:29) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía |

Semella como se ate as lámpadas quixeran aforrar enerxía 🙂

Comezamos!!!

21 Setembro, 2008 (21:20) | Aviso, Ecotecnoloxía |

Mañán comezaremos as clases de Tecnoloxía do curso 2008-09 e quero facelo dándovos a benvida a tod@s pero en especial aos alumn@s de 2ºA, 2ºB, 4ºB e 4ºD de Informática, pois compartiremos moitas horas de aquí a Xuño 🙂

Traballamos co papel

1 Setembro, 2008 (00:48) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Recurso |

Seguro que se vos falo de facer unha animación, non vos viría á cabeza esta imaxe pero é que cheguei por casualidade a esta páxina de recortables e non vos imaxinades cantísimas cousas se poden facer empregando só papel. Botádelle un ollo e me contades…

Reutilizando o papel: fundas para CD/DVD

12 Maio, 2008 (22:04) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía |

Para que serve un A4 que está escrito polas dúas caras? Unha forma de reutilizar este papel é a que nos propoñen a través do blog ecomicrosiervos. Aquí tedes instrucións precisas para transformar ese anaco de papel nunha útil funda que evitará que os vosos DVDs se estropeen. Pensade que non só estades reutilizando papel, […]

Consellos ecolóxicos

22 Abril, 2008 (08:38) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía |

O uso racional da tecnoloxía é un asunto moi importante no que todos temos moito que aprender. En ecomicrosiervos atoparedes case diariamente consellos para optimizar os recursos e poñer o noso gran de area no aforro de enerxía.

E contaminación lumínica no mundo

15 Marzo, 2008 (00:24) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía |

Seguro que logo de ver o mapa da contaminación lumínica na península non erades capaces de comezar as vacacións de Semana Santa sen saber como é a distribución no mundo, verdade? 🙂 Pois dádelle as gracias ao responsable de Astronomía na Beirarrúa que hoxe me deixou esta impresionante imaxe no meu buzón (facede clic na […]

Contaminación lumínica na península

13 Marzo, 2008 (22:37) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía |

Non é a primeira vez que falamos da contaminación lumínica neste blog e hoxe amosamos o mapa da contaminación lumínica na península ibérica que nos chega vía ecomicrosiervos. A pesar de estar elaborado en base a cálculos e non a observación directa, dá unha boa idea de cal é a realidade. Sabede que nas zonas […]