Category: Galería de proxectos

Novos vídeos na canle

22 Xullo, 2010 (23:00) | Galería de proxectos, Vídeo |

Estes días estou aproveitando para subir vídeos de proxectos e prácticas á canle de youtube deste blog. Seguro que vos apetece ver, por exemplo, como se controla a porta dun garaxe a través do porto paralelo dun ordenador, o funcionamento dunha lámpada de incandescencia caseira, un pegatortas en movemento ou un sistema de semáforos para […]

Os últimos vídeos deste curso

22 Xuño, 2010 (00:08) | Aviso, Galería de proxectos, Vídeo |

E xa por fin os últimos vídeos deste curso, os que corresponden aos proxectos de 3ºA. O que podedes ver debaixo destas liñas é o temporizador do grupo verde, deseñado e construído en pouco máis de dúas sesións porque o deseño inicial non funcionou como estaba previsto. Xa sabedes que na canle de youtube podedes […]

Máis vídeos de proxectos

18 Xuño, 2010 (19:29) | Galería de proxectos, Vídeo |

Continúo subindo os vídeos dos proxectos rematados en 2º e 3º, así podemos ver todos os vosos traballos aínda que este ano non teñamos a tradicional exposición-concurso. O que tedes debaixo é o temporizador do grupo azul de 3ºBC. Eles tampouco conseguiron os 10 s pedidos pero si un interesante dispositivo construído en moi pouco […]

3º ESO: Vídeos dos temporizadores

18 Xuño, 2010 (11:12) | Galería de proxectos, Vídeo |

Amósovos o vídeo do temporizador do grupo laranxa de 3ºBC. Témome que está lonxe de conseguir os 10 s que se pedían, pero aínda así ten o valor de ser un deseño totalmente realizado polos alumnos. Unha vez máis o tempo xogou en contra 🙂 Nos próximos días subirei a youtube todos os vídeos dos […]

2º de ESO: Gravamos o pinball en funcionamento

16 Xuño, 2010 (22:50) | Galería de proxectos, Vídeo |

Hoxe tivemos a última clase de 2ºD e aproveitamos para gravar vídeos dos proxectos en funcionamento. Este correspóndese co pinball do grupo laranxa, pero podedes ver os vídeos dos outros grupos na canle de YouTube do Blog de Tecnoloxía. Parabéns a tod@s!!!

Primeiras fotos dos proxectos de 3º

9 Xuño, 2010 (00:36) | Galería de proxectos, Imaxe |

Primeiras fotos dos proxectos nos que están traballando os alumnos de 3º. Serán capaces de cronometrar 10 s cun erro de ± 1 s? Ademais, ao finalizar o tempo debe acenderse unha lámpada. Os deseños son do máis variado. Xa vos contarei dos resultados… 3ºA grupo laranxa 3ºA grupo azul 3ºA grupo rosa 3ºA grupo […]

Grupo laranxa de 2ºC

30 Maio, 2010 (20:16) | Galería de proxectos, Imaxe |

O grupo laranxa de 2ºC xa rematou o seu pinball e ademais funciona moi ben. Parabéns a tod@s!!!

Vibrobots de 3ºBC

15 Abril, 2010 (18:44) | Ecotecnoloxía, Galería de proxectos, Vídeo |

E un par de vídeos dos vibrobots de 3ºBC…

Vibrobots de 3ºA

7 Abril, 2010 (18:35) | Ecotecnoloxía, Galería de proxectos, Vídeo |

Os alumnos de 3ºA xa fixeron os seus vibrobots. Aquí temos tres vídeos do funcionamento dos bichos. Mañán é o turno dos de 3ºBC. 3ºA grupo verde 3ºA grupo azul 3ºA grupo amarelo

3º ESO: Fotos dos proxectos

16 Decembro, 2009 (09:30) | Galería de proxectos |

Cos proxectos de 3º o tempo quedou moi, moi xusto e de feito non todos quedaron rematados, pero aí van algunhas fotos:

2º ESO: Fotos dos proxectos

16 Decembro, 2009 (09:00) | Galería de proxectos |

Un par de fotos dos detectores de metais construídos polos alumnos de 2º C e D que traballan no taller 1. Todos eles funcionan correctamente e agora soamente queda dar os últimos retoques e gardalos para a exposición-concurso que faremos no mes de Xuño.

Primeiras fotos dos proxectos de 3º

26 Novembro, 2009 (22:58) | Galería de proxectos |

Xa temos as primeiras fotos do proxecto que estamos a realizar en 3º curso. En particular, foi o grupo laranxa de 3ºBC quen conseguiu ter unha primeira aproximación do que será o pinball final. Polo momento non hai nada montado pero remataron a maioría das pezas que integran o pinball base (están a traballar no […]

2º ESO: Lámpadas de incandescencia

1 Novembro, 2009 (18:43) | Galería de proxectos, Vídeo |

Este ano tamén fixemos a minipráctica de deseño e construción de lámpadas de incandescencia con filamentos de nicromo. Nesta ocasión apagamos todas as luces do taller para gravar os vídeos e o resultado foi impresionante, mesmo parece de Halloween 🙂 (Tamén en youtube)

E por fin as fotos da exposición!!!

25 Xuño, 2009 (00:36) | Galería de proxectos |

O pasado día 22 de Xuño tivo lugar a IV Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía que este curso contou con 18 proxectos seleccionados. Velaí as fotos dos proxectos participantes… …e o resultado da votación na que participaron todos os alumnos do instituto: Na categoría de 2º de ESO os gañadores foron Daniel, Samuel e Javier […]

4º ESO: Vídeos dos proxectos

18 Xuño, 2009 (21:20) | Galería de proxectos, Vídeo |

Os alumn@s de 4ºB remataron os seus proxectos xusto a tempo para a exposición que realizaremos o luns día 22 de Xuño. Neste primeiro vídeo podedes ver a apertura e peche da porta dun garaxe controlada a través do porto paralelo dun ordenador con programación en MSWLogo. Houbo algún que outro problema co complicado circuíto […]

4º ESO: Primeiras fotos dos proxectos!!!!!!

2 Abril, 2009 (21:18) | Galería de proxectos |

Xa hai un par de semanas que comezamos cos proxectos en 4º B. Trátase de deseñar e construír dispositivos que podan ser controlados a través do porto paralelo dun ordenador. O equipo formado por Adrián, Ismael, Sandra, Raquel, Héctor e Álvaro decidiu construír un autobús. O deseño incorpora dous motores, dous intermitentes, dúas luces de […]

2º ESO: Fotos do proxecto

4 Decembro, 2008 (22:55) | Galería de proxectos |

Aquí tedes as primeiras fotos do proxecto de 2º de ESO. Trátase dun detector de metais deseñado para localizar moedas nunha praia. Cristina e Sara de 2ºA realizando as conexións do circuíto eléctrico. Natalia de 2ºB limando unha peza da estrutura. O proxecto de Ayoub, Alexia e Luis de 2ºA practicamente rematado. O detector de […]

Construímos unha lámpada de incandescencia!!!

24 Outubro, 2008 (20:53) | Galería de proxectos, Recurso, Vídeo |

Todos os alumnos de 2º de ESO construíron a súa propia lámpada de incandescencia empregando un fío de nicromo como filamento. A do vídeo ten o seu dono en 2º B. Funciona ben, verdade?

Aviso: Galería de proxectos

3 Febreiro, 2008 (23:54) | Aviso, Galería de proxectos |

Acabo de colgar de novo as fotos da exposición-concurso de proxectos de tecnoloxía que realizamos a finais do curso 2006-07, pois non era posible acceder a elas.

Fotos da II Exposición-Concurso. E o gañador é…

19 Xuño, 2007 (18:34) | Galería de proxectos |

Hoxe celebramos a II Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no IES de Pastoriza. Antes de nada, e en nome de todos os profesores do departamento, gustaríame darvos as gracias a todos os alumnos pola vosa participación: gracias polo voso traballo, paciencia explicando os proxectos ao longo de 4 horas, esforzo para montar, atender e recoller […]