Category: PICAXE

Os proxectos de 4º de ESO

16 Febreiro, 2012 (14:00) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, Imaxe, PICAXE |

Cada un dos proxectos de 4º de ESO ten asociado un blog para documentar o traballo diario: imaxes do proceso de construción, vídeos de probas de funcionamento, código do programa que controla o PICAXE,… Aquí tedes a lista: Depósito de auga: proxecto de 4ºA que consiste nun depósito de auga que se baleira de forma […]

Actualización dos apuntes de PICAXE

25 Xaneiro, 2012 (11:26) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Actualización, Imaxe, PICAXE, Recurso |

Actualización dos apuntes de PICAXE coa relación de práticas.

Comandos de PICAXE

20 Xaneiro, 2012 (12:22) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, PICAXE, Recurso |

Clic aquí para acceder ao manual de comandos básicos.

PICAXE (III): Zoador accionado con final de carreira

18 Xaneiro, 2012 (12:09) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, PICAXE |

Emprega if… then goto para ler a entrada 3 e activa o zoador en función da lectura. Photo credit: click from morguefile.com

PICAXE (II): Inversión de xiro dun motor

18 Xaneiro, 2012 (11:58) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, PICAXE |

Segunda práctica de PICAXE na que tes que realizar a inversión de xiro dun motor de corrente contínua. Photo credit: hyperlux from morguefile.com

PICAXE (I): Semáforo

18 Xaneiro, 2012 (11:32) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, PICAXE |

Comezamos as prácticas de PICAXE programando un semáforo. Controla o funcionamento de tres LED a través do dispositivo. Photo credit: kconnors from morguefile.com

PICAXE

10 Xaneiro, 2012 (23:19) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, PICAXE, Recurso, Utilidade |

Podes descargar as diapos facendo clic aquí. Podes descargar o editor de programación facendo clic aquí.

Blogs dos proxectos de 4ºA

17 Marzo, 2011 (18:46) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, Imaxe, PICAXE |

@s alumn@s de 4ºA xa comezaron co deseño dos seus proxectos e tamén coas primeiras probas de concepto. Como novidade, este ano cada equipo documentará o seu traballo a través dun blog integramente escrito polos seus compoñentes. Nos diferentes blogs atoparedes o día a día dos proxectos, fotos, vídeos,… Para facilitar o seu seguimento, incluín […]

PICAXE: control dun zoador cun LDR

25 Febreiro, 2011 (17:37) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, PICAXE, Vídeo |

Hoxe substituímos o final de carreira do pin de entrada por un LDR funcionando como interruptor. Así, o nivel de iluminación serviu para acender e apagar un zoador conectado a unha das saídas do PICAXE:

Display de 7 segmentos controlado con PICAXE

24 Febreiro, 2011 (17:19) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, PICAXE, Vídeo |

A práctica proposta para hoxe foi a seguinte: deseñar un circuíto e un programa que permitiran controlar a través de PICAXE o funcionamento dun display de 7 segmentos que debía conmutar entre 1 e 3 ao accionar un final de carreira. Todo un reto para o que todavía sobraron 10 minutos que nos permitiron gravar […]

PICAXE: control de dispositivos dende unha entrada

21 Febreiro, 2011 (15:27) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, PICAXE, Vídeo |

PICAXE programado para controlar un zoador e un LED a través dunha entrada dixital. O final de carreira permite introducir información no dispositivo de maneira que activa o funcionamento dun ou doutro elemento.

Inversión de xiro dun motor con PICAXE

17 Febreiro, 2011 (23:10) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, PICAXE, Vídeo |

@s aliumn@s de 4ºA realizaron hoxe en tempo récord un pequeno programa para controlar a inversión de xiro dun motor. A minipráctica consistía en facer que xirara durante 5s en sentido de avance para xirar a continuación no sentido contrario durante 8s. O cartón pegado no eixe do motor permite visualizar mellor o cambio de […]

Pizarras para descargar

17 Febreiro, 2011 (00:10) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, PICAXE, Recurso |

Facede clic aquí para descargar as pizarras de PICAXE. Photo credit: arundo from morguefile.com

Drivers para o cable USB de descarga de PICAXE

6 Febreiro, 2011 (13:35) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, PICAXE, Profes, Utilidade |

A descarga de programas ao PICAXE faise por defecto a través do cada vez menos utilizado porto serie. Existen adaptadores que permiten converter un cable de descarga serie nun USB, pero se ides mercar un novo, que sexa USB. Os drivers que permiten o funcionamento deste dispositivo, poden descargarse aquí.

Comezamos con PICAXE

4 Febreiro, 2011 (18:02) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, PICAXE, Profes, Vídeo | 2 comments

@s alumn@s de 4ºA terán que deseñar e contrruír un dispositivo controlado a través de PICAXE como proxecto para esta avaliación. Antes, é necesario entender o funcionamento deste sistema de control e aprender a programalo. Hoxe fixemos a primeira práctica deseñando o circuíto para un semáforo e programando o seu funcionamento: A luz vermella debía […]

PICAXE: primeiras probas en vídeo

30 Agosto, 2010 (21:03) | PICAXE, Profes, Vídeo |

Este curso creo que vou ter docencia en 4º e por primeira vez traballarei con PICAXE. Ate agora sempre fixera control programado a través do porto paralelo dun ordenador, activando e desactivando pines directamente, o que nos permitía o control de dispositivos. Así construímos un autobús cabledirixido ou un sistema de semáforos, pero cada vez […]