Category: Profes

Globe at Night en galego

13 Abril, 2012 (11:16) | Aviso, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Imaxe, Profes |

O Mundo á Noite, a última fase da campaña de Globe at Night xa está en marcha e durará ate o 20 de Abril. Só tes que obervar a constelación de Leo a simple vista e comparar as túas observacións cos mapas estelares que atoparás na web desta iniciativa (este ano, por primeira vez en […]

Symbaloo

11 Abril, 2012 (10:16) | Profes, Recurso, Vídeo |

Queres organizar e compartir recursos dunha maneira diferente? Visita El Blog de TotemGuard e descubre Symbaloo.

Planilla de corrección dos proxectos

19 Marzo, 2012 (13:47) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, Profes, Recurso | 20 comments

Descarga aquí a planilla de corrección do proxecto de 4º de ESO para coñecer como vai ser avaliado o teu traballo.

XI Xornadas de Tecnoloxía de Galiza

22 Abril, 2011 (17:06) | Aviso, Divulgación científica, Imaxe, Profes |

Os días 6 e 7 de Maio terán lugar as XI Xornadas de Tecnoloxía de Galiza organizadas por APETEGA no IES Francisco Asorey de Cambados. Vémonos!

“Alén dos confíns da luz e das tebras…” (Galileo e a Lúa, 1610)

31 Marzo, 2011 (21:05) | 4º de ESO: Ámbito CT, Colaboración, Divulgación científica, Imaxe, Profes, Recurso |

O pasado luns tivemos o pracer de contar coa visita de Salva Bará, profesor da Facultade de Física da USC. e responsable da iniciativa Astronomía na Beirarrúa. Falounos de Galileo, da Lúa e impartiu un obradoiro sobre o manexo de telecopios. Se queredes descargar o pdf da súa charla, facede clic aquí. Grazas de novo!!!

Globe at Night

3 Marzo, 2011 (22:02) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe, Profes |

Xa temos o primeiro punto en Arteixo!

Proxecto colaborativo: Contaminación Lumínica

3 Marzo, 2011 (14:18) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe, Profes, Utilidade |

Dende o Ámbito Científico-Técnico de 4ºD  participaremos ate o 6 de Marzo nun proxecto colaborativo  de caráter mundial: Globe at Night. Trátase de determinar a contaminación lumínica en calquera punto da Terra a través da observación da constelación de Orión.  As nosas medicións formarán parte dun mapal global onde se rexistrarán medidas realizadas en todo […]

Tomando medidas XI: Xogamos coas escalas

23 Febreiro, 2011 (17:38) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Profes, Recurso, Tomando medidas, Vídeo |

Se a Terra fora un balón de baloncesto e a Lúa unha pelota de tenis, que distancia debería separalas para manter a escala empregada nos diámetros? Onte vin este vídeo en amazings e hoxe realizamos unha pequena práctica na clase de Ámbito Científico-Técnico (dentro das actividades relacionadas con astronomía que estamos desenvolvendo ao longo desta […]

Robótica práctica

7 Febreiro, 2011 (15:54) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Profes, Recurso, Vídeo |

A través do servizo de comentarios, chegou esta interesantísima ligazón sobre robótica que vos deixo aquí e na sección Gústame. Grazas de novo a Santiago, o seu autor!

Drivers para o cable USB de descarga de PICAXE

6 Febreiro, 2011 (13:35) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, PICAXE, Profes, Utilidade |

A descarga de programas ao PICAXE faise por defecto a través do cada vez menos utilizado porto serie. Existen adaptadores que permiten converter un cable de descarga serie nun USB, pero se ides mercar un novo, que sexa USB. Os drivers que permiten o funcionamento deste dispositivo, poden descargarse aquí.

Comezamos con PICAXE

4 Febreiro, 2011 (18:02) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, PICAXE, Profes, Vídeo | 2 comments

@s alumn@s de 4ºA terán que deseñar e contrruír un dispositivo controlado a través de PICAXE como proxecto para esta avaliación. Antes, é necesario entender o funcionamento deste sistema de control e aprender a programalo. Hoxe fixemos a primeira práctica deseñando o circuíto para un semáforo e programando o seu funcionamento: A luz vermella debía […]

Orientación vocacional

31 Xaneiro, 2011 (12:09) | Aviso, Imaxe, Profes, Recurso |

O departamento de orientación do IES de Pastoriza abre blog destinado á orientación vocacional. Nel atoparedes información relativa ás probas de acceso a FP e moito máis. Parabéns pola iniciativa!!!

O INTA organiza un concurso para escolares

1 Decembro, 2010 (19:01) | Aviso, Divulgación científica, Profes |

Vía tecnoloxía da ESO, leo que o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) organiza un concurso para escolares no que poden participar entre outros, os alumnos de 2º ciclo da ESO.

Proxecto Acer-European Schoolnet

1 Decembro, 2010 (13:05) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Profes |

O curso pasado o IES de Pastoriza foi seleccionado para participar no proxecto ACER-EUN cun grupo de 1º de ESO. No presente curso participaremos cos catro grupos de 2º de ESO  e eu incorpórome (a través da asignatura de Tecnoloxías) a esta iniciativa tan interesante que pretende explorar o uso educativo do ultraportátil nas aulas.

Proxecto: Xogo de preguntas e respostas

9 Novembro, 2010 (23:32) | 2º de ESO: Tecnoloxías, Profes, Recurso |

Esta semana os alumnos de 2ºC comezarán o proxecto desta avaliación. Trátase dun xogo de preguntas e respostas no que se acende unha bombilla cando unhas e outras son unidas correctamente. Como sempre, trátase dun proxecto guiado, bastante pechado por ser o primeiro que realizan e neste caso, bastante simplificado. Pretendemos que aprendan a manexar […]

Día da Ciencia en Galego

4 Novembro, 2010 (18:20) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe, Profes |

Hoxe é 4 de Novembro, Día da Ciencia en Galego! Todos os que facemos garda de recreo no patio sabemos que moitos dos días vai tanto vento, que mesmo parece que nos levará a nós. Pero hoxe non se movía nada… nada salvo nós, alumnos e profesores, tentando facer voar os papaventos 🙂 As cousas […]

Minipráctica: A pistola termoencoladora

3 Novembro, 2010 (22:28) | 2º de ESO: Tecnoloxías, Profes, Recurso |

Algunhas das ferramentas que empregamos no taller de tecnoloxía precisan da obtención dun carné para a súa utilización. En 2º os alumnos deben examinarse da pistola termoencoladora antes de utilizala realizando esta minipráctica.

Unha visita polo taller de Tecno

29 Outubro, 2010 (20:33) | Profes, Vídeo |

Apetécevos unha visita polo taller de tecnoloxía? Cada clase está dividida en grupos, e cada grupo dispón dun espazo para traballar nas clases de teoría, dun panel de ferramentas do que é responsable e dunha caixa para gardar o seu proxecto. Ademais contamos con mesas e bancos de traballo, ferramentas de uso común,… Proximamente, os […]

Test online

20 Outubro, 2010 (13:34) | Profes, Utilidade |

Testmoz é unha ferramenta que permite elaborar un test online, asocialo automaticamente a unha URL e mesmo protexelo cun código de acceso para que os nosos alumnos non entren antes de tempo 🙂 Ademais, cada persoa que realiza o test debe identificarse cun nome de usuario e o autor do test ten acceso á puntuación […]

O proceso tecnolóxico: táboa de snowboard

8 Outubro, 2010 (16:35) | 2º de ESO: Tecnoloxías, Profes |

Hoxe estivemos vendo un vídeo sobre o proceso que se segue para fabricar unha táboa de snowboard. Este e outros vídeos podedes atopalos facendo clic aquí. E aproveito tamén para colgar o cuestionario co que estivemos traballando a continuación. Photo credit: lightbox from morguefile.com O plan de traballo desenvolveuse nunha sesión: Os alumnos ven o […]