Category: Profes

Efectos encadeados e Phineas e Ferb

1 Outubro, 2010 (19:12) | 2º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Ámbito CT, 4º de ESO: Tecnoloxía, Divulgación científica, Profes |

Nos primeiros tempos da materia de Tecnoloxía estiveron moi de moda as máquinas de efectos encadeados. Eu mesma, por exemplo, dirixín un proxecto destas características no meu primeiro ano como profe. Calquera pode facer unha e o mellor de todo é que non precisades material especial, senón botar man de obxectos que temos todos na […]

Obxectos tecnolóxicos/obxectos non tecnolóxicos

28 Setembro, 2010 (12:18) | 2º de ESO: Tecnoloxías, Profes, Recurso |

Hai unha actividade que fago cada ano cos alumnos de 2º da ESO (que teñen por primeira vez Tecnoloxía). Antes de falar do que é a tecnoloxía, entrégolle a cada un unha tarxeta co nome dun obxecto de uso cotián. Cada un ten que decidir se o coloca na columna dos obxectos tecnolóxicos ou dos […]

A noite dos investigadores en Madrid

22 Setembro, 2010 (22:40) | Divulgación científica, Profes |

Este venres día 24 de Setembro terá lugar en Madrid A Noite dos Investigadores, unha iniciativa que permitirá que este colectivo achegue o seu importante traballo ao resto da xente. Por certo, preciosa a imaxe (fonte: páxina oficial) Para máis información, visita a páxina oficial. Visto en cmicrosiervos.

Free Technology for Teachers

21 Setembro, 2010 (18:30) | Profes | 1 comment

Recursos gratuítos para a aula de Tecnoloxía en Free Technology for Teachers.

Desatención

19 Setembro, 2010 (21:51) | Divulgación científica, Profes, Vídeo |

A finais de Agosto publiquei unha entrada na que falaba de maxia e neurociencia, un pequeno resumo dunha interesante edición do programa Redes presentado por Eduard Punset. Nel facía referencia á cegueira por desantención exemplificada a través dun vídeo que naquel momento non puiden incrustar. Aquí está o vídeo! Tratade de contar cantos pases realiza […]

Non tiredes nada!!!

7 Setembro, 2010 (14:11) | Aviso, Ecotecnoloxía, Galería de proxectos, Imaxe, Profes, Vídeo |

O cargador dun móbil vello é unha fonte de tensión, o pau dun chupa pódese utilizar para conectar unha engrenaxe co eixo dun motor, o taṕon dunha botella de leite pode ser unha boa roda e o vaso de vidro dun iogur pode empregarse para construír unha lámpada de incandescencia. Para que os alumnos saiban […]

Einstein suspendía Matemáticas???

5 Setembro, 2010 (20:42) | Divulgación científica, Imaxe, Profes |

É posible que Albert Einstein (para os que teñades dúbidas, é o da lingua 🙂 ) fora o primeiro científico cunha importante proxección mediática, o que fixo que ao redor da súa persoa xurdiran todo tipo de historias elevadas á categoría de lendas. Tamén é posible que ese carácter burlón e aspecto extravagante reforzaran moitas […]

O poder do cine como recurso didáctico

2 Setembro, 2010 (20:04) | Divulgación científica, Profes, Recurso |

Onte abriu o prazo para matricularse nos cursos do MEC e finalmente escollín O Cine, un Recurso Didáctico. Sendo realistas, as posibilidades de poñer unha película en clase de Tecnoloxía son moi reducidas, pois con sesións de 50 minutos, tería que empregar non menos de 3. Se dificilmente temos tempo para impartir todos os contidos […]

O mapa da Ciencia

1 Setembro, 2010 (20:59) | Divulgación científica, Imaxe, Profes |

Un mapa de metro para representar a historia da Ciencia, a Razón e o Pensamento Crítico. Facede clic sobre ela para vela a maior tamaño. Visto en dousceroeditora.

Recursos para Tecnoloxía

1 Setembro, 2010 (12:41) | Aviso, Profes, Recurso |

Nesta ligazón atoparedes moitos recursos para a área de Tecnoloxía na ESO. Visto en tecnoprofes.

Tecnoprofes

31 Agosto, 2010 (13:42) | Aviso, Divulgación científica, Profes, Recurso, Utilidade |

A rede de profesores de Tecnoloxía mudou ao deixar de ser gratuíto ning. Agora estamos aquí.

Comparte Física

31 Agosto, 2010 (10:24) | Divulgación científica, Profes, Recurso, Utilidade |

Miña irmá faime chegar Knotebooks, unha aplicación onde compartir coñecementos sobre Física.

PICAXE: primeiras probas en vídeo

30 Agosto, 2010 (21:03) | PICAXE, Profes, Vídeo |

Este curso creo que vou ter docencia en 4º e por primeira vez traballarei con PICAXE. Ate agora sempre fixera control programado a través do porto paralelo dun ordenador, activando e desactivando pines directamente, o que nos permitía o control de dispositivos. Así construímos un autobús cabledirixido ou un sistema de semáforos, pero cada vez […]

Cursos do MEC

30 Agosto, 2010 (12:35) | Aviso, Profes |

Nos próximos días estará aberto o prazo para a convocatoria de Setembro dos cursos do MEC. Déixovos a ligazón ao listado.

Contásme un conto?

29 Agosto, 2010 (23:04) | Imaxe, Profes, Recurso |

Esta colección de dados contén nas súas caras diferentes imaxes. Lánzaos e trata de inventar unha historia con todas as palabras que che saian. Pode ser un exercicio interesante para clase de lingua, un xogo divertido para as clases de titoría ou atención educativa, un reto para probar entre amigos e tamén unha boa axuda […]

Maxia e neurociencia

27 Agosto, 2010 (01:38) | Divulgación científica, Imaxe, Profes, Vídeo | 1 comment

Como fan os magos e ilusionistas para conseguir que vexamos o que eles queiran? Por que as ras soamente poden ver as moscas cando se moven e nós podemos ver obxectos estáticos? Hai pouco un dos habituais de amazings recomendaba un capitulo en particular do sempre interesante programa Redes dirixido e presentado por Eduard Punset […]

Aprender Matemáticas

26 Agosto, 2010 (21:08) | Profes, Utilidade |

Se queres aprender ou ensinar Matemáticas podes botar man desta ferramenta interactiva. A aplicación geogebra dispón de manual en español e se axusta a todos os niveis. Eu penso descargala para botarlle un ollo e se cadra traballar con ela este curso no ámbito científico-técnico. Visto en wwwhat’s new.

O que nunca nos dixeron na facultade

24 Agosto, 2010 (17:18) | Divulgación científica, Imaxe, Profes |

Parece ser que moitas das grandes series están tamén cheas de grandes científicos que decidiron transmitir os seus coñecementos traballando como guionistas. Esta é a explicación do que acabo de ler acerca de Futurama, onde se demostra un novo teorema matemático. Entrade na ligazón de orixe para coñecer todos os detalles. Visto en FayerWayer.

Por que escribimos sobre Ciencia?

23 Agosto, 2010 (19:40) | Divulgación científica, Imaxe, Profes | 1 comment

Esta era a pregunta formulada en amazings a principios do mes de Agosto e aquí vos deixo algunhas das miñas reflexións alí publicadas. Desculpade a miña vaidade 🙂 Creo que o principal motivo polo que nos interesa a Ciencia é porque somos curiosos. Prantexámonos preguntas e necesitamos respostas. Unha vez coñecemos a resposta temos a […]

Ámbito Científico-Técnico (AmbCT)

20 Agosto, 2010 (16:13) | Aviso, Profes, Recurso |

Estou incorporando o material que elaborei o curso pasado para traballar no Ámbito Científico-Técnico. A cousa irá con calma. Tedes a ligazón para acceder a estes recursos no menú  PRINCIPAL.