Category: Tomando medidas

Tomando medidas XIII: Legua

16 Abril, 2012 (21:43) | Divulgación científica, Imaxe, Tomando medidas |

Unha legua é unha antiga medida de lonxitude que dá conta da distanza a pé que unha persoa é capaz de percorrer nunha hora. É moi habitual considerar unha equivalencia de 5 km, de maneira que o camiño andado nunha xornada estaría en torno aos 35 km. Isto reflíctese no feito de que esa é […]

Tomando medidas XII: culleradiña

2 Agosto, 2011 (13:36) | Divulgación científica, Imaxe, Tomando medidas |

Photo credit: inarizoo from morguefile.com Resulta moi conveniente ter a man obxectos que nos proporcionen unha referencia en ausencia de instrumentos de medida. Así, a nosa cuarta ou a amplitude dun paso poden sacarnos dalgún apuro para realizar estimacións. Con todo, resúltame sorprendente que as doses dun xarope con vaso dosificador, veñan indicadas  no prospecto […]

Tomando medidas XI: Xogamos coas escalas

23 Febreiro, 2011 (17:38) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Profes, Recurso, Tomando medidas, Vídeo |

Se a Terra fora un balón de baloncesto e a Lúa unha pelota de tenis, que distancia debería separalas para manter a escala empregada nos diámetros? Onte vin este vídeo en amazings e hoxe realizamos unha pequena práctica na clase de Ámbito Científico-Técnico (dentro das actividades relacionadas con astronomía que estamos desenvolvendo ao longo desta […]

Tomando medidas X: Contar días

23 Novembro, 2010 (22:53) | Tomando medidas, Utilidade |

Cantos días faltan para…? Date Calculator é unha aplicación online que permite facer o cálculo a golpe de clic. Visto en wwwhat’s new.

Tomando medidas IX: Seis anos de blog

19 Novembro, 2010 (23:23) | Tomando medidas |

Este mes o blog está de aniversario. Nada menos que seis anos! En Novembro de 2004 comecei co Blog de Tecnoloxía. Soamente era un exemplo co que traballar mentres lles explicaba aos meus alumnos de informática o que era un blog. Foi unha boa idea non desfacerme del ao pasar ao tema seguinte (aínda que […]

Tomando medidas VIII: Unha cuartilla

16 Setembro, 2010 (14:13) | Divulgación científica, Tomando medidas |

Xa hai moito que a maioría de nós empregamos papel tamaño A4 no canto de folios, aínda que empreguemos a mesma palabra para referirnos a un e outro indistintamente. Da mesma forma que un A4 dividido á metade dá lugar a dous A5, cando facemos o mesmo cun folio obtemos dúas cuartillas. As dimensións da […]

Tomando medidas VII: Algo non encaixa…

9 Setembro, 2010 (23:33) | Divulgación científica, Imaxe, Tomando medidas | 1 comment

Tomando medidas VI: Quen é o deportista que máis cartos gañou da historia?

9 Setembro, 2010 (14:22) | Divulgación científica, Tomando medidas |

Evidentemente, non vos vou dar a resposta 🙂 . Teredes que ler a entrada completa en Amazings…

Tomando medidas V: Benji e Oliver

26 Agosto, 2010 (11:12) | Divulgación científica, Imaxe, Tomando medidas |

Agora que o meu fillo maior é fan absoluto de Inazuma Eleven e non perde un capítulo, sempre me lembro de Campións. A pesar do que puidera parecer, estas series teñen moi pouco que ver co fútbol real. E confirmando as miñas sospeitas, os de microsiervos sacaron unha entrada facendo unha estimación do que mediría […]

Tomando medidas IV: as manifestacións

25 Agosto, 2010 (12:21) | Divulgación científica, Imaxe, Tomando medidas |

Pois si, tamén existen páxinas onde miden o número de persoas que acudiu a unha manifestación. O certo é que na actualidade é relativamente fácil a partir de fotos aéreas e o número de persoas que cabe nun metro cadrado (aínda que ate niso é difícil poñerse de acordo).

Tomando medidas III: as prácticas de Química

21 Agosto, 2010 (00:16) | Divulgación científica, Tomando medidas |

Tiven a gran sorte de asistir como alumna a un instituto (público) no que as prácticas de Fisica, Química e Bioloxía se realizaban semanalmente a partir de 3º de BUP (o voso bacharelato). Alí vin por primeira vez un xogo de portas de infravermellos que se empregaba para medir velocidades, unha cubeta de ondas coa […]

Tomando medidas II: un momento

20 Agosto, 2010 (02:32) | Divulgación científica, Imaxe, Profes, Tomando medidas |

Estouno pasando moi ben lendo Asesinatos Matemáticos de Claudi Alsina, un libro cheo de interesantes anécdotas arredor do mundo dos números. Sabiades que os romanos dividían a hora en 40 partes e que chamaban momento a cada unha delas? Así pois, un momento duraba para eles exactamente un minuto e medio. Lembrádeo a próxima vez […]

Tomando medidas I: os manuais dos Jóvenes Castores

19 Agosto, 2010 (14:59) | Divulgación científica, Profes, Tomando medidas | 3 comments

Seguro que moitos de vós lembraredes os manuais dos Jóvenes Castores, unha colección de libros inesquecible para todos os nados nos anos 60 e 70. Habíaos de temática xeral, onde podías aprender a arranxar un libro vello, agochar segredos con zume de limón ou escribir mensaxes indescifrables. Tamén había números especiais adicados a un único […]