Category: Utilidade

Tomando medidas X: Contar días

23 Novembro, 2010 (22:53) | Tomando medidas, Utilidade |

Cantos días faltan para…? Date Calculator é unha aplicación online que permite facer o cálculo a golpe de clic. Visto en wwwhat’s new.

Unha wiki de OpenOffice

28 Outubro, 2010 (23:17) | Recurso, Utilidade |

Fai clic aquí para entrar.

Test online

20 Outubro, 2010 (13:34) | Profes, Utilidade |

Testmoz é unha ferramenta que permite elaborar un test online, asocialo automaticamente a unha URL e mesmo protexelo cun código de acceso para que os nosos alumnos non entren antes de tempo 🙂 Ademais, cada persoa que realiza o test debe identificarse cun nome de usuario e o autor do test ten acceso á puntuación […]

Tecnoprofes

31 Agosto, 2010 (13:42) | Aviso, Divulgación científica, Profes, Recurso, Utilidade |

A rede de profesores de Tecnoloxía mudou ao deixar de ser gratuíto ning. Agora estamos aquí.

Comparte Física

31 Agosto, 2010 (10:24) | Divulgación científica, Profes, Recurso, Utilidade |

Miña irmá faime chegar Knotebooks, unha aplicación onde compartir coñecementos sobre Física.

Aprender Matemáticas

26 Agosto, 2010 (21:08) | Profes, Utilidade |

Se queres aprender ou ensinar Matemáticas podes botar man desta ferramenta interactiva. A aplicación geogebra dispón de manual en español e se axusta a todos os niveis. Eu penso descargala para botarlle un ollo e se cadra traballar con ela este curso no ámbito científico-técnico. Visto en wwwhat’s new.

Crear sinais de perigo

23 Agosto, 2010 (13:48) | Imaxe, Utilidade |

Creade sinais de perigo escollendo o aviso, o símbolo e o texto con danger sign generator. Visto en wwwhat’s new.

Crea a túa tipografía pixel a píxel

19 Agosto, 2010 (12:43) | Utilidade |

Terás que pasar o traballo de deseñar cada un dos caracteres, pero terás a túa propia tipografía con BitFontMaker. Visto en creativos on line.

Taboleiro de anuncios

18 Agosto, 2010 (18:47) | Profes, Utilidade | 1 comment

Con linoit podedes crear o voso propio taboleiro de anuncios no que poñer un post-it, colgar unha imaxe ou subir un vídeo. Se os demais poden facelo tamén ou soamente visitarvos é decisión vosa. Eu xa teño o meu, que polo momento está en construción pero nel atoparedes as datas dos exames de Setembro. Aparece […]

Aplicacións gratuítas de uso educativo

11 Agosto, 2010 (14:32) | Profes, Recurso, Utilidade |

En wwwhat’s new atoparedes unha boa recompilación de aplicacións gratuítas que serven para substituír ás aplicacións de pago que en moitos casos teñen características practicamente idénticas.

De YouTube a mp3 desde Firefox

6 Xuño, 2010 (21:11) | Utilidade |

Utilizas Firefox como navegador? Podes instalar un add-on que permite descargar o audio de calquera vídeo de YouTube en formato mp3.  Pincha aquí para acceder ao complemento.

Wiki pechada á edición

7 Maio, 2010 (17:54) | Aviso, Recurso, Utilidade |

Acabo de bloquear as páxinas da wiki para a súa avaliación. Podedes acceder á vosa conta e facer uso das utilidades como a mensaxería, pero non editar.Boa fin de semana!!!

Que tal te manexas co html?

29 Abril, 2010 (18:21) | Utilidade |

Agora con aplicacións como CKEditor xa non é necesario pelexarse co html. Emprega o seu completísimo editor de texto para crear por exemplo un post, fai clic sobre o botón Código Fonte e listo para copiar e pegar! Ten unha versión para descargar pero tamén pode usarse online. Utilísimo para facer composicións complicadas que requiren […]

Para pasar o tempo

3 Decembro, 2009 (22:22) | Utilidade, Xogo |

Xa sei que este ano teño totalmente aparcada a sección da aplicación da semana, pero é que o tempo non dá para máis. Así que para compensar un pouco, vouvos facer tres recomendacións para que vos relaxedes entre exame e exame: Unha aplicación para crear online fondos de escritorio: x3studios Unha aplicación para recortar vídeos […]

Aplicación da semana: FeedJournal

24 Maio, 2009 (18:09) | Utilidade |

Hoxe coñecín FeedJournal a través de What’sNew. Trátase dunha aplicación online que permite xerar un xornal en pdf a partir dos feeds das páxinas que escollades (seleccionando cada entrada individualmente). Os que tedes un blog podedes empregalo para enviar periodicamente un boletín aos vosos subscritores.

Aplicación da semana: WallWisher

10 Maio, 2009 (12:02) | Utilidade |

A través de what’s new chéganos WallWisher, unha aplicación coa que poderedes crear un espacio onde os vosos amigos, e en xeral calquer persoa que coñeza a URL, poderán deixarvos notas, imaxes, clips de audio ou vídeos. Queredes probar o meu?

Aplicación da semana: Caleidoscopio

19 Abril, 2009 (19:16) | Utilidade |

Probade este curioso caleidoscopio que nos vén recomendado desde a páxina what’s new.

Aplicación da semana: Down for everyone or just me?

29 Marzo, 2009 (19:25) | Utilidade |

Estamos cargando unha páxina e non vai. Tentámolo de novo, e de novo problemas. Serei eu ou estará caída para todo o mundo??? Teclea a URL en Down for everyone or just me? e terás a resposta.

Aplicación da semana: html->pdf Converter

22 Marzo, 2009 (20:18) | Utilidade |

A recomendación desta semana é unha aplicación online que permite converter unha páxina web nun documento pdf. Con html->pdf converter (vía what’s new) soamente teredes que pegar a URL e premer no botón Make PDF. Cando esté listo poderemos abrir ou gardar o documento resultante.

Aplicación da semana: Screedbot

6 Marzo, 2009 (17:29) | Utilidade |

Tecleade un texto, escollede tamaño e cores e gardade o gif no voso ordenador. Así de fácil!!! Queredes probar screedbot?