Category: Xogo

E para a fin de semana…

17 Febreiro, 2012 (20:24) | Imaxe, Xogo |

Corta as cordas para que o bicho poda comer o caramelo: Cut the Rope Visto en wwwhat’s new

Outro xogo de fin de semana

10 Febreiro, 2012 (13:25) | Imaxe, Xogo |

Nesta fin de semana propoño un xogo de plataformas. Usa os cursores e a barra espaciadora. Se todo vai mal e queres comezar de novo, preme na tecla R. Vía microsiervos.

Un xogo para a fin de semana

3 Febreiro, 2012 (14:02) | Xogo |

Tenta cazar o xabarín! Os tres primeiros niveis van con axuda pero logo todo se complica…

Electricidade estática

18 Abril, 2011 (13:26) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Colaboración, Divulgación científica, Xogo |

Brais Rey, alumno de Tecnoloxía de 4ºA, explícanos como é posible poñer en movemento unha lata de refresco cun globo sen que exista contacto entre ambos. Grazas, Brais!!! A electriciade estática é a acumulación dun exceso de carga eléctrica nunha zona con pouca conductividade eléctrica, un illante, de maneira que a acumulación de carga persiste. […]

Construímos pontes

8 Febreiro, 2011 (13:26) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Recurso, Xogo |

Na clase do mércores xogaremos de novo con estruturas. Comezade descargando e instalando este xogo e construíde pontes que lle permitan ao tren cruzar o río.

Xogamos con estruturas

25 Xaneiro, 2011 (12:07) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Imaxe, Recurso, Xogo |

Barras, tirantes, plataformas de metal, pezas de tea,… deseñade e construíde a vosa estrutura para levar ao armadillo ate o círculo azul pero facédeo co menor custo posible!!! Descargade aquí o xogo. Traballaremos con el na clase do mércores.

Xoguetes con material de refugallo

6 Novembro, 2010 (12:05) | Ecotecnoloxía, Imaxe, Recurso, Xogo |

Podedes facer xoguetes con moitos obxectos que tedes pola casa ou que diariamente van ao lixo. Non vos perdades esta páxina!!!

Un xogo para unha tarde de choiva

24 Outubro, 2010 (20:15) | Xogo |

Clic aquí para entrar.

Tecnoloxía obsoleta

12 Outubro, 2010 (17:25) | Divulgación científica, Imaxe, Xogo |

Non creo que en todas as casas haxa unha caixa co nome “Tecnoloxía Obsoleta”. Na nosa, si. Aí imos gardando todos os aparellos que algún día foron útiles e hoxe están fóra de uso. É unha especie de colección. Hai pouco, miña irmá puxo enriba dunha mesa tecnoloxía obsoleta anos 70-90 que todavía estaba na […]

Un xogo para a fin de semana

8 Outubro, 2010 (17:42) | Divulgación científica, Xogo |

Tedes unha estrela que podedes mover e a gravedade fai que os planetas describan órbitas arredor dela. Onde tedes que situala? Os planetas non poden saír de pantalla, non poden chocar entre eles e tampouco coa vosa estrela. Por suposto, tamén interaccionan entre eles 🙂 Vía microsiervos. Atrevédesvos co Orbitrunner? Facede clic aquí para xogar.

Un xogo para a fin de semana

23 Setembro, 2010 (23:39) | Xogo | 2 comments

Emprega un desaparafusador e o teu enxeño para desmontar esta radio e varios aparellos máis… se é que podes! Visto en microsiervos.

E por fin, unha entrada con xogos :-)

11 Setembro, 2010 (00:31) | Xogo |

Clásicos xogos de DS e Wii en versión flash. Facede clic aquí. Visto en wwwhat’s new.

O meu primeiro ordenador

26 Xuño, 2010 (00:23) | Divulgación científica, Vídeo, Xogo | 2 comments

No mes de Abril Jorge Gómez, profesor de tecnoloxía en Compostela, publicaba no seu blog unha entrada onde nos relataba as características do seu primeiro ordenador, un Commodore 64. Lembro que cando o lin entón pensei en realizar o mesmo exercicio de nostalxia… A principios dos anos 80 o ordenador doméstico máis vendido era o […]

Xogamos? Typing chef

19 Marzo, 2010 (11:22) | Divulgación científica, Xogo |

Pasados xa os exames da 2ª avaliación, chegou o momento de relaxarse un pouco cun xogo. Sodes suficientemente rápidos co teclado? Con typing chef teredes a resposta… (vía tecnotic.com)

Para pasar o tempo

3 Decembro, 2009 (22:22) | Utilidade, Xogo |

Xa sei que este ano teño totalmente aparcada a sección da aplicación da semana, pero é que o tempo non dá para máis. Así que para compensar un pouco, vouvos facer tres recomendacións para que vos relaxedes entre exame e exame: Unha aplicación para crear online fondos de escritorio: x3studios Unha aplicación para recortar vídeos […]

Aplicación da semana: Solid Edge

31 Maio, 2009 (21:22) | Xogo |

A través de tecnotic.com souben deste xogo de efectos encadeados. En Solid Edge teredes que realizar os axustes oportunos para sacar o patinete do garaxe. Esta é a última aplicación da semana do mes de Maio e tamén deste curso. En Setembro reabriremos a sección!!!

O xogo máis difícil do mundo

20 Maio, 2009 (09:14) | Xogo |

¿Sabedes realizar unha busca en internet de forma efectiva? Animádevos a probar o xogo máis difícil do mundo, unha serie de enigmas encadeados para os que contades con google como única ferramenta. Cada nivel vén acompañado de dúas pistas: un texto e unha imaxe. Escribindo a resposta correcta na caixa e premendo no botón Acceder […]

Aplicación da semana: Magic Pen

17 Maio, 2009 (21:42) | Xogo |

Con Magic Pen teredes que debuxar obxectos que permitan levar a bola vermella ate a bandeira. Moi entretido! Gracias á sección de xogos de microsiervos.

Aplicación da semana: Moebius Syndrome

3 Maio, 2009 (19:02) | Xogo |

Mañán non temos clase en Pastoriza, así que podedes aproveitar para probar a aplicación desta semana. Microsiervos presenta sempre interesantes propostas e esta nos vén da súa sección de xogos. En Moebius Syndrome teredes que xirar as diferentes pezas para crear bucles pechados que desaparecerán. Coidado, o número de pezas aumenta, e aumenta, e aumenta…

Aplicación da semana: Open Doors 2

12 Abril, 2009 (23:58) | Xogo |

Agardo que tiverades unhas boas vacacións e que veñades descansados e coas ganas que require a terceira avaliación. Esta semana propóñovos un xogo de lóxica que nos chega a través de microsiervos. En Open Doors 2 teredes que utilizar os cursores para levar o cadrado vermello ate o xe vermello tamén. Coidado, as portas ábrense […]