Category: Xogo

Aplicación da semana: Lemmings

13 Marzo, 2009 (23:57) | Xogo |

Lemmings é un clásico nos xogos de estratexia. En cada nivel teremos que salvar un número determinado destes pequenos seres empregando as diferentes habilidades dispoñibles. O escenario e a resolución complícanse cada vez que superemos un nivel. Seredes capaces de levar aos lemmings a casa???

4º ESO: Binary Game

12 Febreiro, 2009 (21:48) | Utilidade, Xogo |

Buscando un xogo que permitira practicar o paso binariodecimal atopei unha referencia en tecnotic con moi boa pinta. Binary Game é unha especie de tetris no que podedes eliminar filas dando coa combinación de 1s e 0s axeitada. Botádelle un ollo e me contades!

Aplicación da semana: White Jigsaw

1 Febreiro, 2009 (17:44) | Xogo |

Hoxe vin en microsiervos este orixinal xogo. White Jigsaw é un crebacabezas totalmente en branco que comeza cunha sinxela distribución de 4×3 pezas. O xogo irá complicándose cada vez que rematemos un crebacabezas.

Aplicación da semana: Keyboard Game

11 Xaneiro, 2009 (21:34) | Xogo |

Queredes mellorar a vosa velocidade tecleando? En tecnotic nos propoñen Keyboard Game, un sinxelo xogo online no que teremos que premer a tecla que aparece recadrada en vermello para anotar un punto. Soamente teremos 30 segundos para demostrar o noso coñecemento do teclado e cada vez que nos equivoquemos, restaremos un punto do noso marcador.

Aplicación da semana: Auditorium

7 Decembro, 2008 (19:48) | Utilidade, Xogo |

A semana pasada atopei en what’s new un xogo de luz e música chamado Auditorium. O autor deste blog referíase a esta aplicación como unha das experiencias máis relaxantes que tivera en moito tempo e teño que dicir que concordo con el 🙂 En Auditorium teredes que dirixir os feixes de luz para que activen […]

Solución a Hapland

26 Novembro, 2008 (12:56) | Xogo |

Cristian L., Adrián R., Cristina e Carolina de 4º D conseguiron resolver o xogo proposto na aplicación da semana e me enviaron a proba en forma de captura de pantalla 🙂 Ben feito!!!

Aplicación da semana: Hapland

23 Novembro, 2008 (12:21) | Xogo |

Esta semana propóñovos un xogo de estratexia dos difíciles. Hapland é un clásico que ten segunda, e ate onde eu sei, terceira parte. Pero comecemos polo principio: movede o rato polo escenario na percura de obxectos activos e ideade unha estratexia para acender todos os fachos que se atopan nas entradas da edificación. Se conseguides […]

Non era nada fácil pero…

14 Novembro, 2008 (23:29) | Xogo |

Non era nada fácil pero Diego de 4º B e Manuel de 2º B conseguiron resolver o xogo proposto esta semana. Fixéronme chegar as capturas de pantalla que vos mostro a continuación. Gracias polo envío e moi ben feito!!!

Aplicación da semana: Confusebox

9 Novembro, 2008 (19:35) | Utilidade, Xogo |

Esta semana preséntovos un xogo no que teredes que realizar as conexións necesarias para que todas as bombillas estén acesas. Non é tarefa fácil! Unha vez máis dar as gracias a tecnotic por estas ligazóns tan boas.

Aplicación da semana: LightBOT

12 Outubro, 2008 (20:55) | Divulgación científica, Utilidade, Xogo |

Play free games at WeGame.com Comezamos unha semana máis e facémolo cunha recomendación. Trátase de LightBOT, un divertido xogo para iniciarnos na programación. Teredes que darlle instrucións precisas ao voso robot para que acenda todos os recadros azuis.Esta aplicación chéganos recomendada a través das interesantísimas tecnoloxia.org e tecnoTIC.

Xogos de verán: Paint Ball

25 Xullo, 2007 (00:09) | Utilidade, Xogo |

Serás capaz de levar a bola ate o cadrado vermello??? Debuxa co rato as liñas que necesites para facer rebotar a bola axeitadamente. Pulsa Go a continuación para comprobar se funciona e se queres borrar as liñas pintadas, pulsa Clear. Proba o Paint Ball!!!

Xogos de lóxica

17 Xaneiro, 2007 (11:05) | Xogo |

Pincha aquí Varios xogos de lóxica para que probedes as vosas habilidades

Xogando coas estructuras

22 Outubro, 2006 (12:08) | Xogo |

Propóñovos un xogo divertido para aprender a deseñar estructuras. No ArmadilloRun, tedes que construír unha estructura que vos permita levar ao armadillo do punto de partida ao punto final. Logo de realizar un pequeno titorial, comezaredes a resolver os diferentes problemas que se vos prantexan pero coidado, non se trata soamente de resolver, senón de […]