Eee PC de Asus

7 Decembro, 2007 (23:21) | Sen clasificar

ultraportatil de Asus

Parece que o tan esperado portátil de Asus sae por fin ao mercado aínda que todavía se comercializa en poucos países (o noso non é un deles 🙂 e o seu precio é lixeiramente superior ao que inicialmente estaba previsto.
Estamos a falar dun ordenador de menos de 300 €, que funciona baixo Linux pero compatible con Windows XP, de peso inferior a 1 kg, con wifi, pantalla de 7”,… (facede clic aquí se queredes ver todas as especificacións)
É de esperar que a primeiros de ano saia un novo modelo con precio inferior aos 200 €. Estaremos atentos…