Proxecto: Xogo de preguntas e respostas

9 Novembro, 2010 (23:32) | 2º de ESO: Tecnoloxías, Profes, Recurso

Esta semana os alumnos de 2ºC comezarán o proxecto desta avaliación. Trátase dun xogo de preguntas e respostas no que se acende unha bombilla cando unhas e outras son unidas correctamente. Como sempre, trátase dun proxecto guiado, bastante pechado por ser o primeiro que realizan e neste caso, bastante simplificado.

Pretendemos que aprendan a manexar ferramentas básicas para o traballo con madeira, a implementar circuítos eléctricos sinxelos e a organizar un pequeno grupo de traballo (quen fai que e cando).

Descargar o cuestionario.