Proxecto Acer-European Schoolnet

1 Decembro, 2010 (13:05) | 2º de ESO: Tecnoloxías, ACER-EUN, Profes

acer_eun_400

O curso pasado o IES de Pastoriza foi seleccionado para participar no proxecto ACER-EUN cun grupo de 1º de ESO. No presente curso participaremos cos catro grupos de 2º de ESO  e eu incorpórome (a través da asignatura de Tecnoloxías) a esta iniciativa tan interesante que pretende explorar o uso educativo do ultraportátil nas aulas.