Primeiras probas cos foguetes de auga

12 Xaneiro, 2011 (18:02) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Vídeo

Vídeo que documenta as primeiras probas cos foguetes de auga. Como o tempo non se prestaba moito, fixémolas dentro do taller e sen agua, claro. Cada quen puido afacerse á tarefa que terá que realizar o día do lanzamento, e de paso aproveitamos para probar varios materiais nos que cravar a agulla da bomba de aire.

Se queredes ver un par de vídeos máis, visitade a canle de YouTube do blog. Nun deles a presión foi insuficiente polo que o voo foi moi curto. No outro, fixemos un lanzamento vertical no exterior aproveitando un momento no que non chovía, pero si facía bastante vento. Todos eles foron soamente con aire a presión. Os lanzamentos con auga e con cámara de vídeo incorporada no foguete, serán a semana que vén.