E o día dos lanzamentos é…

13 Xaneiro, 2011 (17:33) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Imaxe

Ao longo da clase de hoxe de hoxe rematamos os foguetes e dispuxemos todo para o día dos lanzamentos. Inicialmente pensamos no luns, pero as dúas horas de clase quedan partidas polo recreo. O martes as dúas horas son seguidas pero son as dúas primeiras da mañá e todavía non hai luz suficiente para realizar gravacións de calidade. Que tal o mércores? É o día perfecto pero teremos o tempo do noso lado? Consultado o servizo de meteogalicia, o pronóstico é bo, polo que quedamos para o mércores!!!

meteogalicia