Un xogo con Lego para unha tarde de luns

4 Febreiro, 2011 (18:34) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, Vídeo

Na clase do luns de robótica construímos e programamos sistemas en lazo pechado que incorporaban un sensor de luz. As instrucións de programación fan que o robot xire ate que atopa unha luz, momento no que avanza en liña recta durante cinco segundos, bucle que se repite ate apagar o robot.

Propuxemos un xogo: levar o robot dende unha marca inicial no taller ao interior dun recadro só coa axuda dunha lanterna. Un cronómetro en marcha situado na PDI debía ser pulsado tras alcanzar o obxectivo. Máis vídeos na canle de YouTube.