Comezamos con PICAXE

4 Febreiro, 2011 (18:02) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, PICAXE, Profes, Vídeo

@s alumn@s de 4ºA terán que deseñar e contrruír un dispositivo controlado a través de PICAXE como proxecto para esta avaliación. Antes, é necesario entender o funcionamento deste sistema de control e aprender a programalo. Hoxe fixemos a primeira práctica deseñando o circuíto para un semáforo e programando o seu funcionamento:

A luz vermella debía permanecer acendida 5 s, a continuación a luz amarela acenderíase 1 s e para rematar, a luz verde estaría 5 s acendida. Os catro grupos resolveron a práctica correctamente e todavía tivemos tempo para gravar os resultados. Déixovos aquí un dos catro vídeos que tomamos e os outros tres podedes velos na canle de YouTube.

Parabéns a tod@s!!!

Seino, a calidade do vídeo é malísima 🙁

Comentarios

Comment from Santiago
Date: 7 Febreiro 2011, 12:15

Yo tengo bastante experiencia con PICAXE y os puedo echar una mano si la necesitais. Mi página web es http://www.pinotolosa.net y en este blog : http://www.pinotolosa.blogspot.com podeis ver algunos trabajos de mis alumnos

Comment from teresaml
Date: 7 Febreiro 2011, 15:50

Moitas grazas, Santiago, tanto pola oferta de axuda coma polas dúas ligazóns que me envías e que recollen traballos tan interesantes!!!

Ate este curso sempre fixemos control de dispositivos programando directamente o porto paralelo do ordenador con MSWLogo, polo que este ano comezamos de cero con PICAXE e de seguro nos virán moi ben as referenzas que me envías. Grazas de novo e parabéns polo traballo!