Inversión de xiro dun motor con PICAXE

17 Febreiro, 2011 (23:10) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, PICAXE, Vídeo

@s aliumn@s de 4ºA realizaron hoxe en tempo récord un pequeno programa para controlar a inversión de xiro dun motor. A minipráctica consistía en facer que xirara durante 5s en sentido de avance para xirar a continuación no sentido contrario durante 8s. O cartón pegado no eixe do motor permite visualizar mellor o cambio de sentido (como indicador, non é moi elaborado, pero o tempo non dou para máis 🙂 )