Display de 7 segmentos controlado con PICAXE

24 Febreiro, 2011 (17:19) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, PICAXE, Vídeo

A práctica proposta para hoxe foi a seguinte: deseñar un circuíto e un programa que permitiran controlar a través de PICAXE o funcionamento dun display de 7 segmentos que debía conmutar entre 1 e 3 ao accionar un final de carreira. Todo un reto para o que todavía sobraron 10 minutos que nos permitiron gravar o funcionamento dos dispositivos. Un traballo estupendo!

Podedes ver outro vídeo máis na canle de YouTube.