Proxecto colaborativo: Contaminación Lumínica

3 Marzo, 2011 (14:18) | 4º de ESO: Ámbito CT, Divulgación científica, Imaxe, Profes, Utilidade

Dende o Ámbito Científico-Técnico de 4ºD  participaremos ate o 6 de Marzo nun proxecto colaborativo  de caráter mundial: Globe at Night.

Trátase de determinar a contaminación lumínica en calquera punto da Terra a través da observación da constelación de Orión.  As nosas medicións formarán parte dun mapal global onde se rexistrarán medidas realizadas en todo o Mundo.

A suxestión chéganos a través de Astronomía na Beirarrúa (grazas!). Animádevos a participar con nós, soamente precisaredes uns minutos!!!

Para introducir os datos da túa observación, fai clic aquí.