Feitos cunha lanterna

5 Abril, 2011 (22:28) | 4º de ESO: Ámbito CT, Colaboración, Divulgación científica, Imaxe

Alégrame moito presentarvos a primeira colaboración no blog realizada por un alumno do instituto. Queredes aprender a pintar con luz? Many explícanos como facelo ademais de deixarnos estas dúas fantásticas fotos. Para máis detalles, visitade o seu blog.

Estas imaxes sacáronse cunha velocidade de obturador lenta, o que quere dicir que mentres o obturador está aberto durante o tempo que ti lle poñas, recollerá a imaxe en movemento. Fixemos debuxos cunha lanterna prendida e saíron algunhas imaxes como as que estades a ver. Así é como a cámara recolleu o movemento da lanterna.

Facédeo!