Minipunto limpo

22 Agosto, 2011 (19:29) | Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Imaxe

As lámpadas de baixo consumo conteñen vapor de mercurio no seu interior. Este metal dá lugar a substancias altamente tóxicas e bioacumulables que se incorporan con facilidade á cadea alimenticia. Se unha lámpada de baixo consumo deixa de funcionar, non a tires ao lixo, deposítaa nun minipunto limpo.

Nestes lugares de recollida tamén podes desfacerte de CD e DVD, cartuchos de impresora, aparellos eléctricos e electrónicos, teléfonos móbiles, pilas e baterías de móbil.

Queres saber máis?

mini_punto_limpo

Avenida de Fisterra, Arteixo