Tomando medidas XII: culleradiña

2 Agosto, 2011 (13:36) | Divulgación científica, Imaxe, Tomando medidas


Photo credit: inarizoo from morguefile.com

Resulta moi conveniente ter a man obxectos que nos proporcionen unha referencia en ausencia de instrumentos de medida. Así, a nosa cuarta ou a amplitude dun paso poden sacarnos dalgún apuro para realizar estimacións. Con todo, resúltame sorprendente que as doses dun xarope con vaso dosificador, veñan indicadas  no prospecto en culleradiñas. Por certo, unha culleradiña equivale aproximadamente a 5 ml 🙂

prospecto