Premios a recursos educativos para a sociedade da información

21 Decembro, 2008 (19:25) | Sen clasificar

Pensei que xa escribira o último post do 2008 pero a veces recibimos sorpresas inesperadas e a min chegoume unha en forma de correo electrónico 🙂

O pasado venres día 19 recibín a nova de que ao Blog de Tecnoloxía lle fora concedido o terceiro premio na modalidade de Materiais Curriculares Web dentro da convocatoria dos Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información. Estou moi contenta e quería compartilo con tod@s vós.

Aínda a risco de parecer que me acaban de entregar un Oscar 🙂 vou aproveitar a ocasión para dar as gracias a todos os que ledes o Blog de Tecnoloxía pero en especial aos meus alumn@s. Vós sodes o motivo polo que comecei co blog aló no ano 2004. O meu agradecemento tamén aos compañeiros que fan do IES de Pastoriza un lugar tan especial, en particular ás miñas compañeiras de departamento, Ana e Elena, coas que disfruto tanto traballando e das que tanto aprendo. Por último quería agradecer ás persoas que me deron o empurrón que me faltaba para presentar o blog a esta convocatoria 🙂 Gracias a tod@s!!!!!!!!!!!!!!!

Remato facendo chegar os meus parabéns aos demais gañadores. Noraboa!!!!!!!!!