Os proxectos de 4º de ESO

16 Febreiro, 2012 (14:00) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, Imaxe, PICAXE

Cada un dos proxectos de 4º de ESO ten asociado un blog para documentar o traballo diario: imaxes do proceso de construción, vídeos de probas de funcionamento, código do programa que controla o PICAXE,… Aquí tedes a lista:

  • Depósito de auga: proxecto de 4ºA que consiste nun depósito de auga que se baleira de forma automática cando se alcanza un determinado nivel.
  • Paso a nivel: proxecto de 4ºA no que un final de carreira pon en marcha un ciclo de subida e baixada de barreira.
  • Nora: proxecto de 4ºB no que unha nora pode invertir o seu sentido de xiro e ademais acender e apagar luces.
  • Garaxe: este grupo de 4ºB está traballando na apertura e peche da porta dun garaxe que incorpora tamén indicadores luminosos.
  • Iluminación dunha habitación: proxecto de 4ºA no que un LDR actúa como sensor para detectar a luz no exterior e subir ou baixar unha persiana en función do nivel de iluminación.
  • Ponte: este proxecto de 4ºA controla o ciclo de funcionamento dunha ponte no que a pasarela elévase e báixase incorporando indicadores luminosos.
  • Casa: neste proxecto de 4ºA un LDR funciona como sensor para detectar o nivel de iluminación exterior e abrir e pechar unha porta.
  • Telepeaxe: proxecto de 4ºA que consiste nun posto de control de peaxe accionado por un detector de presenza que abre e pecha unha barreira á vez que dá paso ou non mediante un semáforo.
  • Paso a nivel: proxecto de 4ºD no que un final de carreira permite iniciar o ciclo de funcionamento dunha barreira sincronizada cun semáforo.