As cores na noite

9 Abril, 2012 (18:49) | Divulgación científica, Imaxe

O noso sistema visual non pode percibir as cores na noite… pero están aí! Realiza unha foto de longa exposición para comprobalo. Podes apoiar a cámara sobre unha superficie ou mellor incluso, empregar un trípode. Axusta os parámetros da túa cámara para fixar un tempo de exposición óptimo e terás un resultado coma o da imaxe, rexistrada á luz da Lúa, pasada a medianoite do xoves 5 de Abril. Parece de día!

Se fas zoom sobre a imaxe, verás que as estrelas non son puntos, senón pequenas trazas. Isto é debido a que a exposición foi de 60 segundos e durante ese tempo a Terra non deixou de xirar! Serías capaz de localizar Venus nesta foto? E Orión? E as Pléiades?