Tomando medidas XIII: Legua

16 Abril, 2012 (21:43) | Divulgación científica, Imaxe, Tomando medidas

Unha legua é unha antiga medida de lonxitude que dá conta da distanza a pé que unha persoa é capaz de percorrer nunha hora. É moi habitual considerar unha equivalencia de 5 km, de maneira que o camiño andado nunha xornada estaría en torno aos 35 km. Isto reflíctese no feito de que esa é precisamente a distanza que separa moitas vilas importantes entre si. Ordes e Santiago, Santiago e Muros, ou Muros e Noia son só tres exemplos de tantos. Pero se tes unhas botas de sete leguas, poderás avanzar unha xornada de camiño con cada paso.


Photo credit: duboix from morguefile.com