Globe at Night en galego

13 Abril, 2012 (11:16) | Aviso, Divulgación científica, Ecotecnoloxía, Imaxe, Profes

O Mundo á Noite, a última fase da campaña de Globe at Night xa está en marcha e durará ate o 20 de Abril. Só tes que obervar a constelación de Leo a simple vista e comparar as túas observacións cos mapas estelares que atoparás na web desta iniciativa (este ano, por primeira vez en galego!): O Mundo á Noite.

Anímate a participar, pon o teu punto no mapa!