Tomando medidas I: os manuais dos Jóvenes Castores

19 Agosto, 2010 (14:59) | Divulgación científica, Profes, Tomando medidas

Seguro que moitos de vós lembraredes os manuais dos Jóvenes Castores, unha colección de libros inesquecible para todos os nados nos anos 60 e 70. Habíaos de temática xeral, onde podías aprender a arranxar un libro vello, agochar segredos con zumtarconie de limón ou escribir mensaxes indescifrables. Tamén había números especiais adicados a un único tema. Aí estaba o Manual de Patomas, de trucos de maxia, o da Abuela Pata, cunha chea de receitas de cociña e por suposto, o Manual de Tarconi, o especial adicado aos inventos.

Lembro un dos artigos que lin de pequena onde se afirmaba o útil que pode resultar coñecer determinadas medidas do teu corpo. Que distancia hai do pulso ao cóbado ou canto mide a nosa cuarta é información que nos pode sacar dun apuro para estimar o tamaño de obxectos nunha tenda, por exemplo.

jovenes castoresSempre me sorprendo cando lles pido aos meus alumnos que me digan canto mide un boli  dos que usan todos os días. A primeira resposta é un “non sei”. Eu tamén lles respondo sempre o mesmo, se estará máis perto de 5 cm ou de 80 cm 🙂

Un pode non ter instrumentos de medida para realizar unha medición precisa, pero ten que ser capaz de realizar estimacións co que ten a man, sen ir máis lonxe, coa súa man. A miña mide 18 cm de polgar a maimiño. E a túa?

Ah, lembrade tamén que un paso amplo dunha persoa de estatura media mide arredor de 1 m.

Comentarios

Comment from teresaml
Date: 19 Agosto 2010, 15:03

Entrada aparte merecería a forma na que miden! Non é a primeira vez que vexo como alinean o 1 da regra co extremo do obxecto que teñen que medir porque como todo o mundo sabe, o cero non conta! Impresionante…

Comment from An
Date: 31 Marzo 2011, 22:27

A miña mide 21 cm…tamen tiben ese manual, que agora busco na rede para que a miña filla poida disfrutalo, nunca fun moi de disney, pero ese libro era moi bo. Saúdos

Comment from teresaml
Date: 24 Abril 2011, 21:43

Saúdos e sorte na busca! Grazas por comentar.