Tomando medidas II: un momento

20 Agosto, 2010 (02:32) | Divulgación científica, Imaxe, Profes, Tomando medidas

asesinatos matematicosEstouno pasando moi ben lendo Asesinatos Matemáticos de Claudi Alsina, un libro cheo de interesantes anécdotas arredor do mundo dos números.

Sabiades que os romanos dividían a hora en 40 partes e que chamaban momento a cada unha delas? Así pois, un momento duraba para eles exactamente un minuto e medio.

Lembrádeo a próxima vez que alguén vos pida que agardedes un momento 🙂