Boa fin de semana

16 Marzo, 2012 (14:25) | Vídeo |

Boa música para comezar a fin de semana.

Xogo con GameMaker

16 Marzo, 2012 (12:28) | 4º de ESO: Informática, GameMaker, Utilidade |

Utiliza GameMaker para crear un xogo coas seguintes especificacións:

  1. Ventana ao comezo do xogo indicando o nome do xogo e as instrucións para xogar.
  2. Un dos sprites será unha cruz verde creada por ti.
  3. Debe incluír como mínimo un son.
  4. Pode ter ate dúas pantallas.
  5. Ningunha das accións pode provocar erros.
  6. Ao rematar o xogo debe preguntar se se quere xogar de novo ou saír.

Tes ate o 23 de Marzo para entregarme o executable: apelido_nome.exe

GameMaker. Queres saber máis?

14 Marzo, 2012 (12:12) | 4º de ESO: Informática, GameMaker, Imaxe, Recurso |

Queres saber máis? Consulta este manual.

Corrección dos blogs

14 Marzo, 2012 (10:17) | 4º de ESO: Informática, Aviso, Imaxe |

O luns día 19 de Marzo comezo coa corrección dos blogs de informática. Tes até entón para actualizar o teu!!!


Photo credit: jeltovski from morguefile.com

Xogo con GameMaker

14 Marzo, 2012 (09:07) | 4º de ESO: Informática, GameMaker, Imaxe |

Esta semana @s alumn@s de informática teñen que crear un xogo similar ao da imaxe: o protagonista debe recoller todas as mazás para que a porta de saída se abra. A continuación o xogador pode escoller entre xogar de novo ou saír.

Actualización de pneumática

12 Marzo, 2012 (11:20) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Actualización, Recurso |

Clic aquí para descargar os apuntes actualizados. Nesta semana entregarei o boletín de pneumática.

O taller abre nos recreos

12 Marzo, 2012 (10:24) | 3º de ESO: Tecnoloxías, 4º de ESO: Tecnoloxía, Aviso, Imaxe |

O taller xa está abrindo todos os mércores no primeiro recreo. Agora tamén abrirá no primeiro recreo dos venres para que poidades rematar os vosos proxectos.


Photo credit: wallyir from morguefile.com

Electricidade (VI): Instalación eléctrica en vivenda

9 Marzo, 2012 (18:07) | 3º de ESO: Tecnoloxías, Imaxe, Infografía, Recurso, Test |

Consulta a infografía para responder as preguntas do test.

Exame de electricidade 3ºC

5 Marzo, 2012 (09:54) | 3º de ESO: Tecnoloxías, Imaxe, Recurso, Test | 2 comments

Clic aquí para acceder ao exame.

Pneumática

2 Marzo, 2012 (09:30) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Imaxe, Recurso, Utilidade |

Fai clic aquí para descargar as pizarras. Tamén podes descargar e instalar a aplicación FluidSIM

Exame de electricidade de 3ºC

28 Febreiro, 2012 (11:54) | 3º de ESO: Tecnoloxías, Aviso, Imaxe, Test |

O exame de electricidade é o 6 de Marzo na aula de 3ºC. Consistirá nun test online e estará permitido empregar Yenka na súa realización. Os tests xa están abertos para que podas repasar e se tes algunha dúbida, podes preguntarme nos recreos.

GameMaker

27 Febreiro, 2012 (10:48) | 4º de ESO: Informática, GameMaker, Utilidade |

Seguindo coa creación e publicación de contido multimedia, comezamos co editor de xogos GameMaker. É unha aplicación gratuíta que terás que descargar e instalar.

Relación de posts da 2ª avaliación

24 Febreiro, 2012 (11:50) | 4º de ESO: Informática, Actualización, Audacity |

  1. Canción recortada. Envolvente.
  2. Narración con música.
  3. Montaxe.
  4. Para subir nota: tono de móbil ou anuncio
    • Envía o resultado a tecnoloxia@hotmail.es ou grávao nun pen
    • Asunto: indica tono de móbil ou anuncio
    • O nome do arquivo debe ser apelido_nome
  5. Primeiro vídeo de YouTube
  6. Segundo vídeo de YouTube
    • Duración 20 s
    • Incluír un efecto como mínimo, un comezo, texto ao comezo e ao final e música
    • Inserir no blog
  7. Máquina de refrescos
    • Mínimo de 4 escenas
    • Subir á conta de YouTube e publicar no blog
  8. Súper…
    • Vídeo incrustado nun post do blog que conteña os dous capítulos.
    • Ao comezo de cada capítulo debe aparecer o texto CAPÍTULO 1 ou CAPÍTULO 2

GoAnimate

24 Febreiro, 2012 (11:46) | 4º de ESO: Informática, Imaxe |

Súper… é o nome do teu personaxe. Obtivo os seus poderes ao atopar un obxecto e grazas a estes poderes puido…

Cóntanos a historia con GoAnimate! No primeiro capítulo o personaxe atopa o obxecto que o convirte en súper… e no segundo, realiza unha acción empregando os seus superpoderes. Cada capítulo é un vídeo de GoAnimate . Terás que realizar a montaxe nun único vídeo co editor de vídeo de YouTube engadindo antes de cada capítulo o texto CAPÍTULO 1 ou CAPÍTULO 2 segundo corresponda. Publica o vídeo final no teu blog (incrustado) co título “Súper…”

Valorarei: efectos, son, número de personaxes, número de escenas, guión, inclusión de diferentes elementos,…


Photo credit: mconnors from morguefile.com

Electricidade (V): Potencia e enerxía

19 Febreiro, 2012 (19:26) | 3º de ESO: Tecnoloxías, Imaxe, Recurso, Test |

Fai clic aquí para acceder ao test.

Actualización da unidade de electricidade

19 Febreiro, 2012 (19:23) | 3º de ESO: Tecnoloxías, Actualización, Imaxe, Recurso |

Clic aquí para descargar a actualización.


Photo credit: ppdigital from morguefile.com

E para a fin de semana…

17 Febreiro, 2012 (20:24) | Imaxe, Xogo |

Corta as cordas para que o bicho poda comer o caramelo: Cut the Rope

Visto en wwwhat’s new

Os proxectos de 4º de ESO

16 Febreiro, 2012 (14:00) | 4º de ESO: Tecnoloxía, Galería de proxectos, Imaxe, PICAXE |

Cada un dos proxectos de 4º de ESO ten asociado un blog para documentar o traballo diario: imaxes do proceso de construción, vídeos de probas de funcionamento, código do programa que controla o PICAXE,… Aquí tedes a lista:

  • Depósito de auga: proxecto de 4ºA que consiste nun depósito de auga que se baleira de forma automática cando se alcanza un determinado nivel.
  • Paso a nivel: proxecto de 4ºA no que un final de carreira pon en marcha un ciclo de subida e baixada de barreira.
  • Nora: proxecto de 4ºB no que unha nora pode invertir o seu sentido de xiro e ademais acender e apagar luces.
  • Garaxe: este grupo de 4ºB está traballando na apertura e peche da porta dun garaxe que incorpora tamén indicadores luminosos.
  • Iluminación dunha habitación: proxecto de 4ºA no que un LDR actúa como sensor para detectar a luz no exterior e subir ou baixar unha persiana en función do nivel de iluminación.
  • Ponte: este proxecto de 4ºA controla o ciclo de funcionamento dunha ponte no que a pasarela elévase e báixase incorporando indicadores luminosos.
  • Casa: neste proxecto de 4ºA un LDR funciona como sensor para detectar o nivel de iluminación exterior e abrir e pechar unha porta.
  • Telepeaxe: proxecto de 4ºA que consiste nun posto de control de peaxe accionado por un detector de presenza que abre e pecha unha barreira á vez que dá paso ou non mediante un semáforo.
  • Paso a nivel: proxecto de 4ºD no que un final de carreira permite iniciar o ciclo de funcionamento dunha barreira sincronizada cun semáforo.

Máquina de refrescos

15 Febreiro, 2012 (12:22) | 4º de ESO: Informática, Utilidade, Vídeo |

Crea unha historia animada con GoAnimate que teña un mínimo de 4 escenas. Súbea á túa conta de YouTube e publícaa no teu blog nun post que leve por título Máquina de Refrescos.

Outro xogo de fin de semana

10 Febreiro, 2012 (13:25) | Imaxe, Xogo |

Nesta fin de semana propoño un xogo de plataformas. Usa os cursores e a barra espaciadora. Se todo vai mal e queres comezar de novo, preme na tecla R.

Vía microsiervos.